verbas

algunhas atrapadas no ar

Tratado de electrónica (part II)

with one comment

Apparat – Steinholz

Written by Spav

2 Xullo, 2009 at 9:15

Publicado en do que escoito

Tagged with ,

Further reading

with 4 comments

Written by Spav

1 Xullo, 2009 at 17:25

Publicado en do que ollo

Tagged with ,

Recopilando fotografías

with 5 comments

  • En fubiz topeime cun album de fotos que me fixo lembrar que hai case un ano tiña unha Lomo LC-A+ noviña que me birlaron na estación de tren de Compostela un bonito 25 de Xullo. ¡Cantos momentos me quedaron por fotografiar! :_
  • A Picasso gustáballe experimentar en todo tipo de campos, pintura, escultura, cine, mesmo na fotografía. Life recopila algunhas fotografías do xenio desatado de Picasso xogando coa luz a facer arte no aire.
  • Yoann Lemoine, na súa faceta de fotógrafa, ten na súa web unha colección de fotografías súas cunha luminosidade que me flipa.

Written by Spav

1 Xullo, 2009 at 10:36

Publicado en do que ollo

Tagged with

Ata sempre, Kodachrome

with 6 comments

Kchromorig-A

O carrete Kodachrome morreu, longa vida a Kodachrome. Os que coñecemos a película sabemos os bonitos momentos que nos brindou. A fotografía química vai morrendo ós poucos.

Todo o que lle queiran dicir, aquí.

Written by Spav

1 Xullo, 2009 at 0:39

Tratado de electrónica (part I)

with 9 comments

Autechre – Foil

Written by Spav

30 Xuño, 2009 at 18:10

Publicado en do que escoito

Tagged with ,

Da muller na fotografía

with 8 comments

Poucos iconos hai no mundo como a figura feminina na fotografía. Helmut Newton, Nobuyoshi Araki, Richard Kern, Eric Kroll, Larry Clark…e un longo etcétera de grandes fotógrafos que dedicaron gran parte da súa vida a retratar á muller.

Eu levo 15 días recopilando dos meus feeds todo canto teña relación coa fotografía e a muller. Sen filtro. Saquen as súas conclusións.

  • Steven Meisel fotografía a unha muller case de porcelana (Viktoriya Sasonkina). Atractiva, impecable…e 50’s. ¿Quizáis a época dourada do bo gusto no vestir?.
  • Ambush achéganos unhas polaroids de Carlo Mollino. Arquitecto, deseñador, escritor, fotógrafo, personaxe singular pola súa polivalencia. Non entendo moi ben o contexto das fotografías. Se alguén o entende, por favor, que mo explique.
  • Signe Vilstrup segue a corrente que propón a beleza da muller escanillada. Asco mil.
  • Glen Luchford centra todo o seu traballo en torno á luminosidade e á disparidade de técnicas. E unha vez máis, mulleres pouco sanas.
  • O gran Terry Richardson é o encargado do calendario Pirelli 2010, á marxe de que estou super en contra desta estupidez de calendario por motivos obvios (tufo machopirolo). As poucas imaxes que se escapan son dun making-off que non aportan moito máis que o feito de corroborar que Terry é un pillo.
  • Bettina Rheims foi a encargada de confeccionar un libro de dubidoso gusto e capricho de millonario. Lean a historia do mesmo no post, que me da algo de vergoña reproducir aquí, ó igual que as fotografías do mesmo…

Xulguen vostedes mesmos o estado do arte.

Written by Spav

29 Xuño, 2009 at 16:02

Publicado en do que ollo

Tagged with ,

Os misterios da mente

deixa un comentario »

simCreo que dende que teño uso de razón estou tratando de entender o funcionamento do meu cerebro. O de todos os que me rodean, por extensión, por aquilo das influencias e de aprender a comportarse, así como o que está ben ou mal.

Tenteino establecendo similitudes de funcionamento, lendo sobre o tema, descendendo ata o nivel máis elemental e preguntándome o por qué dalgunhas das miñas accións máis automáticas.

A meirande parte das veces vexo esta tarefa complexa de máis, tanto como para sentenciar que será unha tarefa que me levará o resto dos meus días.

Written by Spav

28 Xuño, 2009 at 22:13

Publicado en do que penso

Review

with 4 comments

Hoxe é o meu 25 cumpleanos.

E estou no mellor da vida, cos problemas típicos que vou levando, pero en xeral, ben.

Fago moitas máis cousas, sei máis que onte e menos que mañá, e o máis importante, saco máis proveito do que sei que hai un ano. Poderíase dicir que son feliz. Estou no bo camiño.

Written by Spav

13 Xuño, 2009 at 10:20

Publicado en do que penso

Tagged with

Stop motion

deixa un comentario »

Música por Röyksopp.

Written by Spav

12 Xuño, 2009 at 14:29

Publicado en do que interneteo

Tagged with ,

naïf

with 2 comments

O video rodouse íntegramente en Catalunya e o seu director é Neil Krug, quén tamén fixo vídeos para Boards of Canada. Ademáis de director, Neil Krug é fotógrafo.

Written by Spav

7 Xuño, 2009 at 15:51

Publicado en do que vexo

Tagged with , , , ,