Escomezando
Ola. Coido que todo o que necesitas saber sobre min está aquí.
Se tes algo máis que comentarme, suxerirme ou simplemente queres insultarme, pódelo facer aquí mesmo, nos comentarios. Tratarei de resportache o antes posíbel.
Son seco, porque non lle vexo utilidade ningunha a este primeiro post, pero por algún lugar terei que empezar.
Non te cohibas pola cuestión lingüística, acepto de bo grado todo tipo de linguas, escribo en galego porque simplemente apetéceme, pero non vou traducir mutilar quotes nin nada polo estilo só para poñelas na mesma lingua do blog.
Falarei de calquera cousa, o que se me veña polo miolo, ou que me chame a atención, coido que a estas alturas non vou a ser eu quen che explique qué é un blog. Se queres ben, senón, hai millóns esperando ser lidos.
Nestes momentos estaba a escoitar unha canción titulada People, duns nórdicos chamados El Perro del Mar e de disco homónimo.
Te agrego a favoritos y prometo pasarme de vez en cuando va :P
El Perro del Mar… no me suena. eso no es raro.
Salu2
reich
31 Outubro, 2007 a 0:43