Archive for Novembro 2007
Todo o frÃo do mundo
Os obreiros seguen ao seu diante de mÃn. Traballan bulindo e levantando pisos sen parar. Namentres outro edificio derrúmbase, o que construira en torno a tÃ. Non quixen, sábelo, pero os recordos cáense co tempo se non os apuntalas. Tà deixaches a obra a medio facer, e non foi por falta de presuposto. Simplemente renunciaches. Mágoa.
Como se non ocorrese nada nestas dúas semanas. Todo muda. O teu recordo esvaese na memoria.
American way of life
Schrödinger
Beleza de explicación da famosa paradoxa do gato de Schrödinger. Dita paradoxa deu lugar a moita reflexión relacionada, mesmo camisetas geeks.
Nü art
A especialización nun campo nunca me gustou, preferirÃa saber un pouco de todo a un moito dalgo moi concreto. Farei unha excepción con Noli Novak. Esta rapaza a pesares de facer o mesmo sempre faino con extremo mimo, o de bonito ou non xa o deixo para os expertos.
Do que sà opinarei é do seu portfolio. Visualmente está moi ben, moi coidado, moi ben estructurado pero sempre hai un pero e neste caso é que o que está feito está en Flash, e podÃase conseguir exactamente o mesmo efecto visual e ademáis lograr unha web semántica. Isto facilitarÃa o acceso á información por parte de usuarios e máquinas indexadoras e redundarÃa en máis visitas que buscan o que ofrece Noli, e porqué non dicilo, nun mundo mellor.
En resumen, Flash puntualemente pasa; Flash para todo = erro
Ultimamente estou a escoitar bastante o Violator de Depeche Mode, nunca pasa, sempre está ahÃ.
Hurt & pain
I hurt myself today
to see if I still feel
I focus on the pain
the only thing that’s real
…Johnny Cash – Hurt (a canción é de Trent Reznor, NiN)
Göteborg
¿Non vos soa a algo noventeiro estilo Ace Of Base?. Serán cousas miñas…
Graciñas asca pola recomendación, están caralludos!, eu tamén empezo a pensar iso de ¿qué coño pasa en Götteborg? Jens Lekman, El Perro del Mar, The Tough Alliance…menuda canteira.
Carboncillo máxico
Un don. É a única maneira de describir como plasmar unha imaxe, un soño, un pensamento, nun papel. Wesley Burt é un deses agraciados, que poden plasmar, case como se fose unha fotografÃa o que ve (ou pensa). ¿Como funcionará ese cerebro para reter tan nÃtidamente formas e cores e despois plasmalo?, o dito, un don.
Para os beodos que non atopan os links, ten exemplos dos seus traballos, asà como unha exposición de traballos en Ohio.
Ultimamente estou a escoitar bastante Sexy Sadie, será porque o escoito no Torgal, no Charol, no piso…concretamente estaba escoitando From out of this world do disco Onion Soup que non me gusta moito quitando a obra maestra que é Mr. Nobody.
Unha canción para chorar
Incrible, realemente incrible, o que toca Thom Yorke (Radiohead) convértese nunha xoia musical instantaneamente. Esta é unha versión de Unravel do disco Homogenic de Björk.
É a última canción que me fixo chorar.
Libros de balde
Topei unha páxina ben xeitosa. Free Linux eBooks. Trátase dunha compilación de ebooks feita por unha persoa co único fin de contribuir a que o mundo sepa un pouquiño máis acerca de GNU/Linux, administración de redes, servidores web, programación gráfica, Java, etc. Parece que inda hai xente que cre que o acceso á información deberÃa de ser completamente libre.
Todo en perfecto inglés, algúns en formato CHM, outros en PDF, outros en PostScript…, o caso é acceder á información, que é o realmente importante.
Cine en Ourense
Mon dieu!, un ciclo de cine europeo en Ourense!!!, os deuses fixéronme algo de caso, por fin. Será durante todo novembro. Iso sÃ, tes que ser moi sibarita de dios, é versión orixinal subtitulada. Sen rodeos, as datas son:
Mércores, 7 de novembro: unha brillante comedia de amor
2 dÃas en ParÃs (Julie Delpy. Francia/Alemania, 2007) Xa foi, e estivo moi moi ben, inda que tocou unha temática demasiado cercana para mÃn.
Mércores, 14 de novembro: o drama da emigración europea do século XX
Golden door (Emanuele Crialese. Italia/Francia, 2007)
Mércores, 28 de novembro: o poder da imaxinación
Tideland (Terry Gilliam. Reino Unido/Canadá, 2005)
Os pases serán ás 20:30 e ás 23 horas, no CineBox Ourense, e a cousa sae barateira para ser cine de autor, 4€ as persoas, 3€ nós, escoria universitaria. Seica o organiza o Cineclube Padre Feijoo e tamén hai cartos da VicerreitorÃa do Campus de Ourense, pero isto último xa me parece incluso raro raro raro…
Eu pola miña parte non vou desperdiciar de ver unha de Terry Gilliam ni de coña. ¿e vós?.
