Oito lugares con encanto
Por opaco chégame o meu primeiro meme. Non é que me fagan moito aquel estas cousas, pero este é bastante aberto, e non tan persoal coma o típico con cantas mozas estiveches saíndo nos últimos 2 meses e cousas polo estilo que xa vin pola rede adiante…
A cousa vai así:
- Oito cousas a listar, as que sexan.
- Escribir esas 8 cousas no blogue e explicar como vai o meme.
- Seleccionar a 8 persoas para que o sigan e poñelos no blogue.
- Deixar un comentario no blogue conforme foron convidados a xogar e facendo referencia ao propio -post “O meme das 8 cousas”
O ideólogo disto coido que se perde na noite dos tempos…
A miña versión do meme trata de oito lugares que, para min teñen encanto. Como é ben sabido por algúns de vós, o tempo e o espazo son, en sí segundo as leis físicas imperantes ata o de agora un bloque indivisible, un bloque de espazo-tempo.
- Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) en festas, en calquera época do ano, mesmo os aredores son preciosos. Conste que non o digo por ser vilagarcián, e que é fermoso de verdade; dende nacemento estou namorado desta cidade. Probade e veredes.
- O Barqueiro (A Coruña). Xunto coa súa ría formada polo río Sor. Volvín este verán, de paseo, e volveume namorar, certamente debo ter algunha obsesión coa costa que vai dende Ortigueira ata Viveiro, tenme namorado, pero dende logo, é para min, a ría máis fermosa de todo o mundo. Ten maxia, ten unha luz especial, ten encanto, credeme.
- Islandia. Nunca estiven aló…polo de agora. Informeime máis deste país se cadra que do meu propio, pero ten magnetismo para min, é especial para min, e todavía non sei porqué, só sei que quero ir.
¿Será por Björk?
- Un ordenador. Non preguntedes, calquera ordenador de calquer tempo é unha máquina asombrosa, estar dentro del e comprendelo achégase ó meu particular orgasmo profesional.
- Un cine independiente, destes que votan películas á marxe de productoras e calquera historia comercial, por puro afán cultural. Calquera que estivese nun cine vendo unha película á que só acudes tí e dous amigos teus comprenderá o que digo.
- Unha praia, calquera praia. O vento na faciana, o son das ondas escachando coa area, as gaivotas, os nenos xogando, ela ó teu carón. Non fai falla máis.
- Santiago de Compostela, ollo!!, ten que estar en periodo lectivo e orballando, imprescindible!.
- Ortigueira. No festival, de camping, fai anos. Maxia pura.
Non necesariamente seguen un orde concreto. Os desagraciados son: dorfun, ghanito, ascárida, raparigha, marmota, cesare, ra e meigha.
uf!!! daquela, me cago en opaco!
XDDDDDD
fareino, pero máis adiante, que esta semana ando algo liado e, como saberás, só penso usar lanevera para facer publi do aniversario.
porcier, sabes o da festa, non? XDDD pois pásate e date a coñecer!
ra
5 Novembro, 2007 a 21:58
mecagoenopaco as well, :)
cesare
5 Novembro, 2007 a 22:02
ra xa vexo que o Plan de Dominación Mundial de lanevera vai adiante co 5º aniversario, non creo que me poida pasar, cólleme a desmán total x(
cesare menos mal que non a tomades comigo, que senón estaría todo emporcado a estas alturas :P
spav
5 Novembro, 2007 a 22:26
oe, Spav, non o tomes a mal, pero vou pasar de ti, quero dicir, de opaco, ;)
é que… vaites, non me gustan moito os memes, pero polo menos respondendo compensas a alguén que se lle ocorreu a parida esa das mozas coas que estiveches nos últimos dous meses. Pero un meme que un mesmo ten que inventar, paréceme un meme moi memo de diola… :) e case vou pasar, si?
sorry…
cesare
5 Novembro, 2007 a 23:21
Nada oh!!!! XD
Coma se fose obligatorio…, qué va qué va…xa me cheiraba a mín ademáis que non eras tí de memes… ;)
Ademáis, tocouche a tí de maneira “aleatoria”
spav
5 Novembro, 2007 a 23:52
Bueeeeno… vaaaale, aceptaré barco como animal acuático… pero que non se repita eh
Mira que encasquetarme un meme!! ¬¬ non hai vergonza!!
meighinha
6 Novembro, 2007 a 0:46
oia Spav, póñame orde neses comentarios. o que me teñan que dicir o ra e mais o cesare que mo digan á cara :P
opaco
6 Novembro, 2007 a 1:21
ei! se cesare pode pasar, eu tamén.
e opaco, agora vou!
ra
6 Novembro, 2007 a 8:44
Opaco, isto sempre se arranxou cunha pelexa en barro :P
spav
6 Novembro, 2007 a 10:04
Qual é o meu castigo senão o escrevo? xDD em sério, estas coisas ralham-me mazo xD não lhas contesto a ninguém e é por pura vagância, se queres tomando um café invénto-me 8 coisas xD mas agora mesmo…Cósta-me um montóm!! :(
Por certo, não tinha este endereço teu de blog :/
raparigha
6 Novembro, 2007 a 13:20
raparigha, eres unha vagoneta con pouca creatividade :P
Non tiñas este enderezo porque hai uns días que o fixen…e hai máis tempo que non te vexo :(
spav
6 Novembro, 2007 a 14:04
Me ha gustado lo del “orgasmo profesional” xDD
Lo de los niños jugando en la playa ya no tanto, no tiene gracia eso de ke te tiren arena a la kara…XD
SDC en periodo lectivo y orballando, totalmente de acuerdo jaja
saludacos co
La marmota
marmotillayonki
6 Novembro, 2007 a 15:39