A cultura morta

8 Xaneiro, 2008

Hai pouco máis dun mes falábavos do lecer que se estila en Ourense, máis concretamente da exposición sobre a II República que fun ver ó Ateneo ourensán.

Da exposición pouco teño que dicir…a típica, os mesmos carteis de sempre, a mesma información redundante, as mesmas fotos, e as típicas catro pinceladas galegas que se lles dá a estas cousas -orixinalidade cero!-. Mágoa dunha cámara de fotos, a miña estaba a reparar en Barcelona

Pero o caso é outro. O Ateneo de Ourense está en perigo de desaparecer. Triste, a administración mirando para outro lado, a sede caendo a pedazos e os socios pedindo axuda para que non morra unha das institucións culturais máis vellas de Ourense. E morrera, veredes coma morrerá, porque é Ourense, e aquí, as tentativas culturais afóganse no olvido e a deixadez.

Tags: , , ,

Leave a Reply