verbas

algunhas atrapadas no ar

Archive for Xaneiro 18th, 2008

Festival do Norte ‘08

con 3 comentarios

¿Como nolo montamos na capital das Rías Baixas para ter un festival de música independente á altura de moitas grandes cidades? Pois porque somos así de yeahs (localismo vilagarcián)…

Pois xa vedes, un ano máis, empeza a tomar forma o cartel do Festival do Norte que, coma sempre e sen atender a modas ou lanzamentos patrocinados de revistas do sector, tráenos o mellor do panorama indie do país e parte do estranxeiro. Ollo, só é orientativo, faltan confirmacións, eu persoalmente teño ganas de ver ós 1990’s, Dorian e Humbert Humbert, pero seguro que todos non estarán, pero tamén seguro que veñen outros moitos…

Por certo, e a pesares de que non está activa inda, a web está fermosa con esa fotiño da miña ría. Unha vez máis, Un Buen Día que dirían Los Planetas.

Escrito por Spav

18 Xaneiro, 2008 a 1:20