verbas

algunhas atrapadas no ar

Archive for Xaneiro 19th, 2008

A auga de Ourense

con 2 comentarios

Levo anos queixándome da calidade da auga ourensá. É malísima, e non só porque sexa unha auga moi dura (nesta zona hai moita rocha caliza, co que a auga é moito máis ‘dura’; con máis contido en sales minerais, principalmente calcio).

Ademáis disto temos que soportar o pésimo control de augas de Aquagest. Dende hai un par de días teño que xantar con cervexa ou mercar auga no Metadona/Maradona (en Vilagarcía isto é impensable!) porque a auga de Ourense da noxo, cheira a terra turbia (mesmo ó ducharse). Se me volvo alcóholico, será por culpa de Aquagest!. Din que nun par de días ou tres pasará…pero eu eses días sígolle pagando por un pésimo servizo…

Menos mal que aquí, na Galiza, non é moi cara…inda.

Escrito por Spav

19 Xaneiro, 2008 a 17:17

Publicado en do que me entero

Etiquetado con , ,