verbas

algunhas atrapadas no ar

A auga de Ourense

con 2 comentarios

Levo anos queixándome da calidade da auga ourensá. É malísima, e non só porque sexa unha auga moi dura (nesta zona hai moita rocha caliza, co que a auga é moito máis ‘dura’; con máis contido en sales minerais, principalmente calcio).

Ademáis disto temos que soportar o pésimo control de augas de Aquagest. Dende hai un par de días teño que xantar con cervexa ou mercar auga no Metadona/Maradona (en Vilagarcía isto é impensable!) porque a auga de Ourense da noxo, cheira a terra turbia (mesmo ó ducharse). Se me volvo alcóholico, será por culpa de Aquagest!. Din que nun par de días ou tres pasará…pero eu eses días sígolle pagando por un pésimo servizo…

Menos mal que aquí, na Galiza, non é moi cara…inda.

Escrito por Spav

19 Xaneiro, 2008 a 17:17

Publicado en do que me entero

Etiquetado con , ,

2 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. joder que putadón… hai anos, cando aínda eramos unhas crias, pois podías beber auga do grifo… algo así como hai 15 anos… agora nós tamén temos que beber de botella ou traer augiña da fonte da aldea… en fin, que tes toda a razón, están escarallando o Miño! GRRRR!

    aultre narai

    19 Xaneiro, 2008 a 18:40

  2. Cala oh…Q eu estivem chunga do estómago e botándo-lhe a culpa ao café xDD e bebo auga da bilha!! :S mas é pq a embotelhada dáva-me outros problemas xD eu sou sempre especialinha pa’ isto da saúde…Mas enterei-me na autoescola q estava chunga pela chuvia e tal e merquei da embotelhada, mas o q não mata enghorda, não é? xD assim q a ver se assim enghordo algho e me deijam de dar a bara por estar fraca :P

    raparigha

    24 Xaneiro, 2008 a 0:23


Deixa un comentario