verbas

algunhas atrapadas no ar

Archive for Xaneiro 20th, 2008

Common People

con 3 comentarios

She came from Greece she had a thirst for knowledge
She studied sculpture at Saint Martin’s College, that’s where I caught her eye.
She told me that her Dad was loaded
I said in that case I’ll have a rum and coke-cola.
She said fine and in thirty seconds time she said, I want to live like common people
I want to do whatever common people do, I want to sleep with common people
I want to sleep with common people like you.

Pulp – Common People

Jarvis xa alviscou hai anos unha xeración distinta. Eu, dende a miña óptica, véxome como a rapaza grega. Somos xente distinta. Refírome ó meu gremio, os [enxeñeiros, ejem!] informáticos.

Onte, sen ir máis lonxe estiven traballando ata as 3 e pico da mañán, e polo IM só vía conectados ó demáis compañeiros meus, agobiados, desquiciados, medio tolos. O tempo e máis relativo que nunca neste traballo, os nosos horarios son imposibles de seguir. Algún sen comer todo o día (eu mesmo case non estou comendo nada). Un levaba 29 horas sen durmir. Eu mesmo estou durmindo unha media de 4-5 ó día. Un durme cada dous días unhas horiñas e acababa de despertar ás 3 da mañán para poñerse co seu traballo. Outra levaba cun erro estúpido dende as 11 da noite. Eu, todo o día saltando de diagramas de fluxo, ás tramas ARP, ós java.lang.Exceptions, máis diagramas, volta a empezar. Estres, berros polo IM, plazos imposibles, traballo, volta a empezar, ¿será así?…despois de tres horas de traballo vexo que non. Definitivamente somos xente distinta…quen máis quen menos, con problemas mentais (inclúome).

¿Será o prezo que temos que pagar por entendernos coas máquinas?. De calquera xeito, son feliz.

 

Escrito por Spav

20 Xaneiro, 2008 a 11:04