Archive for Xaneiro 23rd, 2008
Galletiñas I
Ricas, ricas…
- Os Sex Pistols voltan ós estudios de grabación. E, din que xa poderían ter cancións para o Festival Isle of Wight.
- Concurso en desconcierto.com para conseguir unha entrada para a xira de La Casa Azul por Galiza. Só tes que encher un formulario e estar atento ó mail. Por certo, xusto dentro dun mes, o 23 de Febreiro La Casa Azul estará por Vigo.
- Exposición de Sorolla e Zuloaga en Ferrol, na Fundación Caixa Galicia. A exposición estará ata o 30 de Marzo, cando se trasladará a Santiago. 17 óleos de Sorolla e 9 de Zuloaga.
- O Cineclube Padre Feijoo, cineclube da cidade auriense, puxo en marcha o segundo ciclo Estreas en Versión Orixinal. Entre outras películas está o biopic Last Days dedicado a Kurt Cobain e feito por Gus Van Sant. Máis información no programa completo de Xaneiro-Febreiro.
Ultimamente estou bastante mod, con Cooper a voltas.