verbas

algunhas atrapadas no ar

Archive for Febreiro 2nd, 2008

Forzando a maquinaria

con 4 comentarios

Cliente-servidor en tres capas conectado vía RMI e sockets que sexa multi-thread non bloqueante. Ese é o esqueleto que teño que facer para unha aplicación escrita en Java que rexistre mensaxes segundo o esquema Log4J. Esto é o que me está comendo o físico, a moral e cabeza.

Téñoa prácticamente rematada, pero non son quén de arranxar o tema dos fíos. Estou sen ideas, e cando un programador está sen ideas, está morto.

Non fago outra cousa que cabrearme conmigo mesmo. Onte forcei a máquina. Gústame levar as cousas ó límite, o meu corpo aguantou pero desta vez a miña cabeza foi a que dixo basta. Estou desmoralizado e canso. Perdín o xogo.

Escrito por Spav

2 Febreiro, 2008 a 10:45

Publicado en do que fago

Etiquetado con , , , ,