Archive for Febreiro 6th, 2008
Xa queda menos
Rematei a práctica da que vos falei. Agora inda me quedan os exames…para os cales inda non comecei a estudiar. Terei que confiar na miña cabeciña…e iso, a estas alturas, é moi perigoso.
Consumiume, estresoume millóns, matoume neuronas; pero aprendín, e moito. Gracias ós que estivéchedes ahí, xa sabedes quenes sodes ;)
Menos mal que estaban ahí os carnavais para liberar tensións acumuladas. O sábado (o único día que salín) non parei de bailar dende as 2 ata as 9 e pico da mañán (verídico!).
Un post sen moita chicha, non teño neuronas suficientes, esperarei a que se me repoña algunha, que inda estou na edá.
Por certo, moi, moi, moi recomendable o último de Alison Goldfrapp, Seventh Tree, é moi relaxante, senón, ollade esta xoia.