verbas

algunhas atrapadas no ar

Archive for Abril 20th, 2008

Ready for the FdN’08

con 8 comentarios

Supoño que quén máis quén menos que vaia a acudir ó evento estará preparado e ben pertrechado. O Festival do Norte ‘08 está ahí, ó caer. Inda que eu, como asistente e lugareño que son, non merquei o pase para todo o finde…sí, son un desastre…

Vendo a avalancha de xente que se espera e visto que hai moita xente que non situa a Vilagarcía no mapa, o descoñecemento do lugar de batalla dos asistentes motivoume (concretamente particula_alfa…) a facer un pequeno mapa público de Vilagarcía no Google Maps visto que o mapa de Vilagarcía da web oficial é bastante cotrosillo incompleto… Todo para que os festivaleiros invitados a esta noble cidade se sintan un pouco máis cómodos.

Mencionar que non apuntei ningún lugar específico para xantar ou durmir para non barrer para casa de ninguén, pero en Vilagarcía cómese e dúrmese, e moi ben, descubrídeo por vos mesmos ;-)

Escrito por Spav

20 Abril, 2008 a 12:25

Publicado en do que fago

Etiquetado con , , ,