verbas

algunhas atrapadas no ar

Archive for Maio 1st, 2008

Wait in line ’till your time

con 3 comentarios

Como lle dixera a ascarida, fixen a miña pequena recopilación na miña cinta de muxtape ó vello estilo das cintas caseiras grabadas para os colegas, xa non lembraba o complexo que era cadrar 12 temas en tan pouco sitio…estas son as escollidas:

  1. Zero 7 – In the waiting line
  2. July Skies – Waiting to land
  3. Vacabou – Iceland
  4. Portishead – The rip
  5. Sibylle Baier – Forguet about
  6. Cocteau Twins & Aphex Twin – Let me fish loose
  7. This Will Destroy You – Threads
  8. Islaja – Rukki
  9. Stateless – Bloodstream
  10. Jessica Bailiff – Down
  11. RF & Lili de la Mora – Fascinated
  12. Eluvium – Prelude for time feelers

O título ven da primeira canción. Temazo. Desfrutádeo.

Escrito por Spav

1 Maio, 2008 a 11:23

Publicado en do que escoito

Etiquetado con , , ,

Reflexións dun lisiado temporal

con 7 comentarios

Torcín o nocello e estou escaiolado ata o xeonllo. Estou tirado na cama (xa levo un día) dame tempo a pensar, e tempo para pensar é o peor que se lle pode dar a un hiperactivo coma mín. E dese tempo saco perlas de estupidez humanas como as que seguen:

  • Quen queira que fose o que dixo que un día ten 24 horas era un bastardo que non sabía do que falaba. Un día ten 86400 interminables segundos de agonía e postración.
  • A xente eu aprendo máis atallos de teclado cando estou con movilidade reducida. O resto da xente faino por axilidade segundo me chiva a miña enfermeira por gtalk.
  • Coas muletas pasa exactamente igual que cos balóns de nivea de Piedrahita, só existen uns poucos no mundo e vanse rulando.

Mañán máis, ou non, estou pensando niso da eutanasia polo paralelismo obvio con Don Ramón.

Escrito por Spav

1 Maio, 2008 a 1:06

Publicado en do que fago, do que penso

Etiquetado con , , ,