verbas

algunhas atrapadas no ar

Reflexións dun lisiado temporal

con 7 comentarios

Torcín o nocello e estou escaiolado ata o xeonllo. Estou tirado na cama (xa levo un día) dame tempo a pensar, e tempo para pensar é o peor que se lle pode dar a un hiperactivo coma mín. E dese tempo saco perlas de estupidez humanas como as que seguen:

  • Quen queira que fose o que dixo que un día ten 24 horas era un bastardo que non sabía do que falaba. Un día ten 86400 interminables segundos de agonía e postración.
  • A xente eu aprendo máis atallos de teclado cando estou con movilidade reducida. O resto da xente faino por axilidade segundo me chiva a miña enfermeira por gtalk.
  • Coas muletas pasa exactamente igual que cos balóns de nivea de Piedrahita, só existen uns poucos no mundo e vanse rulando.

Mañán máis, ou non, estou pensando niso da eutanasia polo paralelismo obvio con Don Ramón.

Escrito por Spav

1 Maio, 2008 a 1:06

Publicado en do que fago, do que penso

Etiquetado con , , ,

7 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. A postración non é tanta con wifi

    cesare

    1 Maio, 2008 a 4:40

  2. levas so un dia………………!!

    eu

    1 Maio, 2008 a 5:05

  3. cesare, ¿quén lle dixo que tiña wifi? ter teño, pero estou abrindo novas posibilidades nas wifis que me rodean… ;-)

    Un día do pioriño!…visitas e máis visitas e eu aquí tirado co día tan bo para ir dar un paseo, correr polo parque ou calquera cousa que implique moverse con destreza…

    Seino, afógome nun vaso de auga

    spav

    1 Maio, 2008 a 7:33

  4. Piensa que todo tiene sus compensaciones; que yo te dediqué parte de mi tiempo por mi natural compasión cristiana con los más desfavorecidos…

    Ánimo!!

    particula_alfa

    1 Maio, 2008 a 11:33

  5. Esos valores cristianos…acabarán por perderte

    spav

    1 Maio, 2008 a 11:54

  6. polo Morrazo dise: …a chorar, a Cangas :)

    e se ten wifi, non se queixe, …agardo que só sexa temporal :P

    opaco

    1 Maio, 2008 a 22:34

  7. jajaja, vai ben de tempo que non escoitaba iso…eu sabía da versión de “a comprar un paraugas, a Cangas”

    Sí, teño wifi e estou crackeando máis, que me aburro. En principio déronme para 10-15 días…

    spav

    1 Maio, 2008 a 23:04


Deixa un comentario