Explicación

7 Maio, 2008

Estes días, cada vez que dou 3 pasos fora do meu piso páranme a preguntar qué me pasou. Joder, que non teño lupus nin nada raro, so o pé escarallado. Por iso paso a dar unha breve explicación dos feitos, o seguinte que me pregunte mándolle un mail co link, que xa estou farto…

Estaba mantendo unha agradable conversa con Javier R.I. no seu despacho da ESEI a iso das 21:00, dato: eu coas pernas cruzadas. Na conversa xurde un tema de pseudociencia moi molesto para min, uns carteis pegados por toda a facultade. Levantámonos a buscar os cartaces que lle comentara e decátome que teño a perna durmida, doulle 2 golpes e póñome a andar.

Fora do despacho, non vemos os cartaces, co que recuamos para voltar ás sillas. Eu dou un paso atrás co pe esquerdo e tropezo coa columna, o meu pé dereito non fixo o mesmo, e arrastrouse en lugar de dar o paso, co que ó apoiar o corpo sobre o dito pé escoitei tres triscazos e cain redondo ó chan.

En cuestión de 10 segundos tiña unha bola do tamaño dun puño no nocello. Non lle din importancia, pero ó marchar para o piso dinme conta de que non era boa cousa. Chamada a unha amiga e tira para urxencias. De urxencias ó CHOU (o Centro Hospitalario de Ourense) e do CHOU a casa cunha célula de escaiola durante 15 días…polo menos.

E este é o resultado…

Tags: , , ,

6 Respostas to “Explicación”

  1. meighinha Says:

    Meu neno, creo que os 15 días van ser moito mais do que pensas… vaite facendo á idea ;)
    Menos mal que hai quen mire por ti…

    P.D.: dille ó ‘artista’ que se pode dedicar a pintar escaiolas cando queira xD

  2. sele Says:

    Tómao con paciencia que esas cousas hai que curalas ben porque despois dan moitos problemas. Eu ainda conservo as miñas ultimas escaiolas teñen pintados todos os resultados da tempada 98/99 xD

  3. EMF Says:

    Ta bem a decoraçóm da vendagem :-D

  4. ifrit Says:

    Agora non vas poder choutar no FdN :( Pero é máis sinxelo recoñecerte :D :D (o plan segue en pé? quedaremos para tomarlle unha, non? :D

  5. spav Says:

    Non, non irei, salvo miragre, teño que ter a perna en alto e volvéronma a escaiolar…e os choutos non me van moi ben. Outro ano será, non te preocupes ;-)

    E será por festivais…. :D

  6. Batusai Says:

    Dou fe de que todo o descrito responde a verdade…..
    Ofrecinme a levalo é urxencias, a buscar xeo, ….. excepto a darlle unas fregas a todo….. Pero obviamente despois do que lle pasou simplemente por estar na miña compañia decidiu que non se montaba nun coche conmigo nin tolo……

    Lástima de pesca…….

    Javier R.I.

Leave a Reply