Archive for Maio 30th, 2008
Download Day
Os de Mozilla quérena montar gorda para a saída do Firefox 3. Por iso fixeron o Download Day, para tentar batir o record Guiness de descargas de software nun día, e de paso, difundir firefox.
Inda que non me gusta a maneira na que pretenden difundilo -paréceme arcaica-, creo que é unha boa forma de pinchar ós competidores para conseguir picalos, e ter así algo decente entre o que escoller.
Todo sexa por conseguir un navegador para unha futura web que cumpla estándares. Ou que polo menos o intente.
Aproveito para lanzar dúas preguntas (posiblemente ó ar, sen resposta).
- ¿De donde saca fondos a fundación Mozilla para manter todo o arsenal de servidores, empregados, instalacións, etc.? ¿Das doazóns só?…
- ¿Por qué nesta campaña non tenden un guiño á comunidade de soft libre, e contan tamén co número de descargas dos repositorios dos distintos GNU/Linux (polo menos os máis importantes)?
