verbas

algunhas atrapadas no ar

Download Day

con 3 comentarios

Os de Mozilla quérena montar gorda para a saída do Firefox 3. Por iso fixeron o Download Day, para tentar batir o record Guiness de descargas de software nun día, e de paso, difundir firefox.

Inda que non me gusta a maneira na que pretenden difundilo -paréceme arcaica-, creo que é unha boa forma de pinchar ós competidores para conseguir picalos, e ter así algo decente entre o que escoller.

Todo sexa por conseguir un navegador para unha futura web que cumpla estándares. Ou que polo menos o intente.

Aproveito para lanzar dúas preguntas (posiblemente ó ar, sen resposta).

  1. ¿De donde saca fondos a fundación Mozilla para manter todo o arsenal de servidores, empregados, instalacións, etc.? ¿Das doazóns só?…
  2. ¿Por qué nesta campaña non tenden un guiño á comunidade de soft libre, e contan tamén co número de descargas dos repositorios dos distintos GNU/Linux (polo menos os máis importantes)?

Escrito por Spav

30 Maio, 2008 a 13:29

Publicado en do que interneteo

Etiquetado con , ,

3 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. Mozilla (non sei se a Mozilla Foundation ou a Mozilla Corporation) recibe cartos de, por exemplo, Google por un contrato que o converte no buscador por defecto do navegador. Supoño que existen contratos semellantes con empresas como Amazon. AOL puxo un par de millóns de dólares cando se creou a fundación… súmalle as donacións particulares, seguramente tamén reciban pasta dalgunha administración….

    ascárida

    1 Xuño, 2008 a 19:26

  2. Dalgunha administración??? en américa???

    spav

    1 Xuño, 2008 a 23:42

  3. [...] uns días sumeime ó Download Day, hoxe mesmo actualicei a Firefox [...]

    Firefox 3.0 « verbas

    17 Xuño, 2008 a 20:59


Deixa un comentario