verbas

algunhas atrapadas no ar

Archive for Xuño 17th, 2008

Firefox 3.0

hai un comentario

Hai uns días sumeime ó Download Day, hoxe mesmo actualicei a Firefox 3.

O que está arriba é un easter egg que ten o Firefox 3 se tecleas about:robots na barra de direccións, moi maja a xente de Mozilla Foundation.

Levo usando o Firefox dende que se chamaba Phoenix, alá pola versión 0.9 xa hai algúns anos (séculos, nisto que chaman internet). E nunca tiven problema algún con este navegador, quizáis pódome queixar do esaxerado consumo de memoria RAM deste navegador.

A ver qué tal se desenvolve o tema en vindeiros parches…

Escrito por Spav

17 Xuño, 2008 a 20:59

Publicado en do que interneteo

Etiquetado con ,

Pizarras famosas

hai un comentario

O Museum of the History of Science da Universidade de Oxford ten un proxecto entre mans para preservar o efímero. Bye bye blackboard … from Einstein and others.

Todo comezou cunha charla presencial de Albert Einstein en 1931, cando se gardou esta pizarra coma se fose unha reliquia. Dende aquela, estase a formar un pequeno relicario de pizarras con nomes dende Albert Einstein ata Brian Eno.

Escrito por Spav

17 Xuño, 2008 a 15:42

Publicado en do que interneteo

Etiquetado con ,

Todo segue igual

without comments

O mar, no seu sitio, o seu cheiro, coma sempre. Non hai link que poida describilo. Hai que cheiralo.

Tráfico, turistas, sol e balbordo.

Cañas con pintxo, risas, as mesmas caras, a mesma xente, máis cañas. Os amigos non se moveron.

Máis tráfico, os perroflautas de sempre na mesma esquina. Os problemas, os mesmos.

Paseo en moto, mainiño, pola beira da mellor ría do mundo. Todo segue igual.

Escrito por Spav

17 Xuño, 2008 a 14:12

Publicado en do que penso, do que vexo

Etiquetado con