verbas

algunhas atrapadas no ar

Firefox 3.0

hai un comentario

Hai uns días sumeime ó Download Day, hoxe mesmo actualicei a Firefox 3.

O que está arriba é un easter egg que ten o Firefox 3 se tecleas about:robots na barra de direccións, moi maja a xente de Mozilla Foundation.

Levo usando o Firefox dende que se chamaba Phoenix, alá pola versión 0.9 xa hai algúns anos (séculos, nisto que chaman internet). E nunca tiven problema algún con este navegador, quizáis pódome queixar do esaxerado consumo de memoria RAM deste navegador.

A ver qué tal se desenvolve o tema en vindeiros parches…

Escrito por Spav

17 Xuño, 2008 a 20:59

Publicado en do que interneteo

Etiquetado con ,

Unha resposta

Subscribe to comments with RSS.

  1. Despois de ver o dos robots ocorreuseme probar isto
    about:mozilla

    ghanito

    17 Xuño, 2008 a 21:53


Deixa un comentario