verbas

algunhas atrapadas no ar

Todo segue igual

deixar un comentario »

O mar, no seu sitio, o seu cheiro, coma sempre. Non hai link que poida describilo. Hai que cheiralo.

Tráfico, turistas, sol e balbordo.

Cañas con pintxo, risas, as mesmas caras, a mesma xente, máis cañas. Os amigos non se moveron.

Máis tráfico, os perroflautas de sempre na mesma esquina. Os problemas, os mesmos.

Paseo en moto, mainiño, pola beira da mellor ría do mundo. Todo segue igual.

Escrito por Spav

17 Xuño, 2008 a 14:12

Publicado en do que penso, do que vexo

Etiquetado con

Deixa un comentario