verbas

algunhas atrapadas no ar

Archive for Novembro 2008

Sen_título

con 2 comentarios

2386139814_df0ed0ee7e_b

Foto de Eric Kroll da serie “Sex Objects.”

Escrito por Spav

27 Novembro, 2008 a 23:26

Publicado en do que vexo

Etiquetado con , ,

Digital Polaroid

hai un comentario

Probando novas caralladas para o meu novo bichiño topei poladroid.net.

Como ven me dí algunha blogueira polarizada da vella escola: “non é unha polaroid de verdade nin de coña…pero mola”.

Recopilo aplicacións molante para Mac OS X no meu delicious, se sabedes dalgunha interesante compartide a vosa sabedoría agora que inda son newbie co OS X :D

Escrito por Spav

21 Novembro, 2008 a 11:17

Publicado en do que interneteo

Etiquetado con , ,

Bookcrossing

without comments

Finalmente fíxeno. Oficialmente son bookcrosser, ou BC.Seguro que o saberedes, pero para os menos enterados, o bookcrossing é un movemento xerado no 2001 por Ron Hornbaker co fin de facer un seguimento ós libros que ía deixando “por ahí adiante”. A idea é liberar os libros que un mesmo posea e non lle importe desprenderse deles deixándoos en lugares públicos previo rexistro en bookcrossing.es co fin de facerlle un seguimento e darlle valor a algo que, unha vez lido, xa perdeu toda razón de retelo. Eu liberei o meu primeiro libro o martes, na Escola Superior de enxeñería Informática de Ourense, pero, se queredes saber onde, buceade na web e logo ide de caza

É un movemento bastante raruno, sí, pero ó igual que unha biblioteca ambulante, permíteche compartir historias por un fío conductor, que é un mesmo exemplar.

¿Efectivo? si e non, todo pode mellorar; ¿útil? pode que non; ¿romántico? dende logo. Asegúrovos que topar un un libro liberado por casualidade é como topar un pequeno tesouro, engancharédesvos enseguida. Pasádevos polas BookCrossing FAQs se tedes algunha dúbida de qué facer/como comezar. E a saír de caza.

Escrito por Spav

20 Novembro, 2008 a 10:13

Publicado en do que fago

Etiquetado con , ,

Lapidario

hai un comentario

“O patriotismo é o único que non se lle pode negar á UPG”

Francisco Rodriguez, Sec(re)tario Xeral da UPG.

Mátame sacho.

Escrito por Spav

18 Novembro, 2008 a 18:39

Publicado en do que vexo

Poñéndome ó día (III)

without comments

Ou de como ser un FNAC junkie podería chamar a este post. Voltei a arrasar coa FNAC. Desta vez nada de música, pero sí 3 bos libros.

“Annie Hall” de Woody Allen ed. Tusquets. Son os diálogos da película compilados, o guión, vaia. Para min imprescindible, por iso en canto o topei xa nin o mirei, metino na cesta.

Alan Turing, El hombre que sabía demasiado” de David Leavitt, ed. Antoni Bosch. Bueno, permitinme esta pequena delicatessen geek para saber algo máis da vida e obra dun dos pais da informática moderna e da criptografía. Como aliciente, foi un atormentado, principalmente polo maltrato sufrido pola súa opción sexual.

El Curioso Caso de Benjamin Button” de F. Scott Fitzgerald, ed. Lumen. De Fitzgerald xa paladeei El Crack Up (ed. Anagrama). Scott Fitzgerald ten unha prosa incriblemente adictiva, amosando as miserias e luxos dos vertixinosos anos vinte americanos, desta vez nunha amalgama de relatos curtos titulado así por un dos máis coñecidos, o cal levouse á gran pantalla da man de Brad Pitt e Cate Blanchet (está a piques de estrearse).

Por este finde bastou, inda que voltarei. Terei que desquitar o meu recén estreado carné de socio da FNAC :D

Escrito por Spav

18 Novembro, 2008 a 0:58

Publicado en do que ollo

Etiquetado con , , , ,

Indignación gremial

con 4 comentarios

Non teño moitas gañas de falar disto, pero férveme o sangue ver que calquera matado que convoca unha folga é secundada polo resto dos borreguiños, que vamos detrás. Non vou a extenderme porque póñome de moi mala virgen. Serei breve e por puntos.

  • Si, hai que pedir atribucións, agora e durante os 18 anos previos nos que a Enxeñería non as tivo.
  • Organismos oficiais como RITSI ou as Escolas de Enxeñería Informática non deberían secundar unha folga montada por sabediosquén (jodidos estamos todos, pero as cousas non se fan así). En todo caso deberían ser estes organismos oficiais os que chamasen á folga xeralizada (estudantado e profesionais do sector) e sempre como última medida de presión.
  • Á folga chégase sempre como última alternativa e sempre despois de negociacións fallidas, nunca como primeiro arma. Para que unha folga surta efecto hai que contar coa opinión pública, que neste caso non se ten, e argumentarme esta noticia “foi portada de elmundo.es” paréceme bastante é patético.
  • Señores, lúcenos o pelo así porque somos uns desclasados, non temos un sindicato que leve unha negociación colectiva ben levada e non tentar arranxar unha chapuza con outra chapuza a través dunha chapuzada de chamamento á folga.
  • Os colexios profesionais non foron creados para mirar polos traballadores senón para mirar pola profesión. Os colexios profesionais non nos van salvar o cú, non son máis que un lobby (e neste caso bastante patético, por certo).
  • Sen comentarios sobre como se secundou unha folga  quentando o ambiente por parte do representante do Colexio Profesional (estilo hooligan). O noso director arroxou algo de luz sobre a situación (alguén con dous dedos de frente). A delegación de alumnos, inexistente, superflua, sen voz nin opinión.

Non vou comentar as sensacións da Asamblea do venres porque me poño enfermo ó ver a tanta xente mal informada actuando como borreguiños simplemente porque están cabreados. Triste, pero é así como está o percal…

Escrito por Spav

8 Novembro, 2008 a 18:00

Publicado en do que penso

Etiquetado con , ,