Indignación gremial
Non teño moitas gañas de falar disto, pero férveme o sangue ver que calquera matado que convoca unha folga é secundada polo resto dos borreguiños, que vamos detrás. Non vou a extenderme porque póñome de moi mala virgen. Serei breve e por puntos.
- Si, hai que pedir atribucións, agora e durante os 18 anos previos nos que a Enxeñería non as tivo.
- Organismos oficiais como RITSI ou as Escolas de Enxeñería Informática non deberían secundar unha folga montada por sabediosquén (jodidos estamos todos, pero as cousas non se fan así). En todo caso deberían ser estes organismos oficiais os que chamasen á folga xeralizada (estudantado e profesionais do sector) e sempre como última medida de presión.
- Á folga chégase sempre como última alternativa e sempre despois de negociacións fallidas, nunca como primeiro arma. Para que unha folga surta efecto hai que contar coa opinión pública, que neste caso non se ten, e argumentarme esta noticia “foi portada de elmundo.es” paréceme bastante é patético.
- Señores, lúcenos o pelo así porque somos uns desclasados, non temos un sindicato que leve unha negociación colectiva ben levada e non tentar arranxar unha chapuza con outra chapuza a través dunha chapuzada de chamamento á folga.
- Os colexios profesionais non foron creados para mirar polos traballadores senón para mirar pola profesión. Os colexios profesionais non nos van salvar o cú, non son máis que un lobby (e neste caso bastante patético, por certo).
- Sen comentarios sobre como se secundou unha folga quentando o ambiente por parte do representante do Colexio Profesional (estilo hooligan). O noso director arroxou algo de luz sobre a situación (alguén con dous dedos de frente). A delegación de alumnos, inexistente, superflua, sen voz nin opinión.
Non vou comentar as sensacións da Asamblea do venres porque me poño enfermo ó ver a tanta xente mal informada actuando como borreguiños simplemente porque están cabreados. Triste, pero é así como está o percal…
La gente no te comenta. Se ve que todos los demás colectivos están satisfechos con las condiciones de las que disfrutan.
Mañana también hay huelga pero no sé por qué es. Nosotros es que ejercemos de esquiroles en toda regla.
particula_alfa
12 Novembro, 2008 a 23:55
A xente non comenta porque ninguén me le.
Spav
13 Novembro, 2008 a 23:44
Sí que te leemos, pero pasamos de ti :P
meighinha
14 Novembro, 2008 a 13:12
Caralludo, poderei decir “díxencho” ou “isto xa o avisei eu”
Spav
15 Novembro, 2008 a 14:59