verbas

algunhas atrapadas no ar

Youtube e a usabilidade

con 3 comentarios

Ás veces pregúntome se hai xente en youtube que realmente usa youtube compulsivamente. Eu, ás veces teño ataques epilépticos de visualización de chorradas: que si toñazos facendo parkour, que si os freaks en America’s Got Talent, que se a Cantina da Estrela da Morte e claro, despois de tanta risa, toca remembering, o que nos leva a contigo no, bicho ou a ter coidado cos biciclistas….Bueno, xa sabedes como vai isto, navegando polos related acabamos enlazando un tema con outro e topámonos con 30 pestanas de youtube abertas.

O que me escama, e moito, é o tema de como Youtube manexa a carga e reproducción dos videos unha vez aberta a URL. Se vos fixades, cando abrides unha pestana no voso navegador e abrides un video aloxado en dita web, éste comeza cargándose no buffer, ata que o sistema propio da páxina detecta que, dada a velocidade de carga do video e o que leva cargado en buffer, pode comezar a reproducción sen corte algún. Pois ben, aquí está o problema, no caso de que abramos distintas pestanas os videos comezaranse a reproducir automáticamente. Erro!, xa que se temos dous videos, ten fácil solución, pero, e se temos 30?, caos sonoro á vista.

Lifehacker comentou hai tempo unha extensión chamada Better Youtube que subsana isto utilizando un player propio, pero paréceme unha soberana cagada que o usuario teña que recurrir a unha extensión para solventar un problema do servizo que pretendemos usar.

¿Só me queixo eu, ou é que a ninguén máis que a min lle molesta?

Escrito por Spav

3 Decembro, 2008 a 11:50

Publicado en do que fago

3 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. ainda que non me cadre normalmente de abrir ao tempo mais de 4 ou 5 pestanas co youtube, acho coma ti que ese é un fallo que teñen. Eu abro, vou e doulle o pause mentras carga e sigo vendo o outro, porén xa dixen que eu non teño 20 abertas ao tempo ;-)

    ghanito

    3 Decembro, 2008 a 13:40

  2. No persoal irrítame infinito que os videos se reproduzan sen queu accione o mecanismo, e hai como tres millóns de principios de accesibilidade/diseño de interacción/usabilidade que podería usar para autoafirmarme no meu cabreo. Pero, sendo honesta, non é a única visión das cousas.

    Cando a túa audiencia abrangue o mundo enteiro, por moito que queiras satisfacer a todos os usuarios posibles, ao final, nalgún momento, hai que tomar unha decisión, dunha desas que favorecen a un segmento (no sentido de que fas que a túa aplicación se comporte como eles esperan) e perxudican a outro (no sentido de que lles causas unha molestia).

    Os libros din que a decisión ten que estar apoiada por tests con usuarios, estudios de audiencia, análises sesudas… en YouTube teñen tempo e cartos para pagalos, así que seguro que os datos da a porcentaxe de usuarios que esperan que cando abran a páxina dun video, este se reproduza automáticamente. A min, mirando de lonxe, non me costa entendelo. Entendo que o usuario medio non ten 10 videos en 10 pestanas, que mira un video e mira UN video e que ademáis espera que cando fai o click no enlace todo se poña a funcionar.

    Para que vexades que a cousa está maís pensada do que parece, non sei se vos destes conta, os videos incrustados en blogs non se reproducen automáticamente.

    ascárida

    3 Decembro, 2008 a 18:52

  3. Jum, entendo o que tivesen que tomar unha decisión que non contente a todo o mundo (sería imposible), e véndoo así, está claro que non son “o usuario medio”. E si, seguramente déranse conta dese detalle e fixeron un estudio do caso en particular, e probablemente o porcentaxe de xente que abre máis de 5 pestanas somos 2 pelagatos…

    …Pero inda así, con todo, jódeme!

    Spav

    3 Decembro, 2008 a 21:42


Deixa un comentario