verbas

algunhas atrapadas no ar

Os misterios da mente

deixa un comentario »

simCreo que dende que teño uso de razón estou tratando de entender o funcionamento do meu cerebro. O de todos os que me rodean, por extensión, por aquilo das influencias e de aprender a comportarse, así como o que está ben ou mal.

Tenteino establecendo similitudes de funcionamento, lendo sobre o tema, descendendo ata o nivel máis elemental e preguntándome o por qué dalgunhas das miñas accións máis automáticas.

A meirande parte das veces vexo esta tarefa complexa de máis, tanto como para sentenciar que será unha tarefa que me levará o resto dos meus días.

Escrito por Spav

28 Xuño, 2009 a 22:13

Publicado en do que penso

Deixa un comentario