Da muller na fotografía
Poucos iconos hai no mundo como a figura feminina na fotografía. Helmut Newton, Nobuyoshi Araki, Richard Kern, Eric Kroll, Larry Clark…e un longo etcétera de grandes fotógrafos que dedicaron gran parte da súa vida a retratar á muller.
Eu levo 15 días recopilando dos meus feeds todo canto teña relación coa fotografía e a muller. Sen filtro. Saquen as súas conclusións.
- Steven Meisel fotografía a unha muller case de porcelana (Viktoriya Sasonkina). Atractiva, impecable…e 50’s. ¿Quizáis a época dourada do bo gusto no vestir?.
- Ambush achéganos unhas polaroids de Carlo Mollino. Arquitecto, deseñador, escritor, fotógrafo, personaxe singular pola súa polivalencia. Non entendo moi ben o contexto das fotografías. Se alguén o entende, por favor, que mo explique.
- Signe Vilstrup segue a corrente que propón a beleza da muller escanillada. Asco mil.
- Glen Luchford centra todo o seu traballo en torno á luminosidade e á disparidade de técnicas. E unha vez máis, mulleres pouco sanas.
- O gran Terry Richardson é o encargado do calendario Pirelli 2010, á marxe de que estou super en contra desta estupidez de calendario por motivos obvios (tufo machopirolo). As poucas imaxes que se escapan son dun making-off que non aportan moito máis que o feito de corroborar que Terry é un pillo.
- Bettina Rheims foi a encargada de confeccionar un libro de dubidoso gusto e capricho de millonario. Lean a historia do mesmo no post, que me da algo de vergoña reproducir aquí, ó igual que as fotografías do mesmo…
Xulguen vostedes mesmos o estado do arte.
Os calendarios Pirelli son un noxo, non entendo a que ven eso de “dignificalos”. Molaban cando eran o que eran, carne de camionero, tetas e cús para goce e disfrute. O porno chic fixo moito mal.
A miña devoción por Newton, Araki e Kroll e pública. Larry Clark, sen ser dos meus favoritos, paréceme ben e ainda o prefiro cando fotografía homes (aquí fagan as lecturas psicoanalíticas que queiran). Con Kern non podo, vin cousas que si, o rollo máis fetichista, pero acaba sendo non porque non. Se me tiras da lingua pode que fale.
Carlo Mollino é un gran descubremento. Non concordo para nada co que di o tipo do blog, pero as fotos son estupendas.
E por decir un, debería vostede mirar a Jan Saudek e engadido aos seus favoritos.
ascárida
29 Xuño, 2009 a 22:23
De Larry Clark é máis coñecido pola súa filmografía que polas súas obras fotográficas, inda que algo de relación hai entre elas…
Apúntome o de Saudek, ten moi boa pinta.
En canto a Kern…bueno, xa temos discutido longo e tendido sobre que non é a estética o bo da súa obra, senón o fondo que busca…a sabe qué opino do tema.
O de Mollino, certo, un gran descubrimento, ese toque voyeur de fotografía aficionada está moi moi ben :)
Que continúe o feedback, por deus!
Spav
29 Xuño, 2009 a 22:39
queres decir que vaia poñendo nomes de fotógrafos co seu correspondente enlace?
ascárida
1 Xullo, 2009 a 15:32
Aquí toda aportación é benvida, sempre que sexa sen insultos ou referencias a Estíbaliz Espinosa :P
Spav
1 Xullo, 2009 a 15:38
Pois a éla encántalle fotografíar á muller. A ela mesma todo o tempo.
ascárida
1 Xullo, 2009 a 16:06
A ver, aclárate ¿a ela ou a unha muller?, ¿en qué quedamos? [/muahaha]
Spav
1 Xullo, 2009 a 16:08
Eu teño claro que é muller e que se fotografía motísimo. Non fagamos chistecitos sobre as identidades sexuais que hai máis por onde darlle. E agora vai vir aquí a decirnos que somos uns paletos que non acabamos a ESO e que nos reta a un duelo a Photoshop ou PowerPoint.
ascárida
1 Xullo, 2009 a 16:14
Pobre, deixémola estar anda.
Spav
1 Xullo, 2009 a 16:45