Archive for Xullo 1st, 2009
Further reading
- Hanif Kureishi estame gustando moito en Algo que contarte; ten un ritmo moi lixeiro e unha trama interesante, a pesares do repelús que lle teño ós psicoanalistas e demáis charlatáns. Os meus pais acertaron, ascárida, creo que te leen.

- Non sei se xa o dixen por ahí, pero Contacto de Dennis Cooper paréceme rematadamente mala, máis que nada porque pretende chegar a ser Guía…e non o é. Cutre e deslabazada na miña opinión.
- Introduction to The Objective-C 2.0 Programming Language, Objective-C 2.0 Runtime Programming Guide e Object-Oriented Programming with Objective-C. Se o preguntades…si, estou trasteando con Objective-C e Cocoa para a plataforma Mac OS X, por aquilo de diferenciarme.
- Unha vez, de rapazolo, vin un debuxo que me flipou, días máis tarde souben que se trataba dun debuxo de Egon Schiele, dende aquela merco todo o relacionado coa súa obra. A miña última adquisición, unha fermosa obra de Phaidon que merquei no Reina Sofía hai uns meses e que estou a deglutir agora mesmo.
- Mente y materia pareceume un librazo, recomendable para todo aquel que teña preguntas sobre a psique e ese extrano límite co que Erwin Schrödinguer titula a súa obra. Espeso de ler pero todo un gustazo. Apostillar que mercaría toda a colección Metatemas de Tusquets porque me pon moi palote de dios [ata o de agora teño 3 títulos].
Recopilando fotografías
- En fubiz topeime cun album de fotos que me fixo lembrar que hai case un ano tiña unha Lomo LC-A+ noviña que me birlaron na estación de tren de Compostela un bonito 25 de Xullo. ¡Cantos momentos me quedaron por fotografiar! :_
- A Picasso gustáballe experimentar en todo tipo de campos, pintura, escultura, cine, mesmo na fotografía. Life recopila algunhas fotografías do xenio desatado de Picasso xogando coa luz a facer arte no aire.
- Yoann Lemoine, na súa faceta de fotógrafa, ten na súa web unha colección de fotografías súas cunha luminosidade que me flipa.
Ata sempre, Kodachrome

O carrete Kodachrome morreu, longa vida a Kodachrome. Os que coñecemos a película sabemos os bonitos momentos que nos brindou. A fotografía química vai morrendo ós poucos.
Todo o que lle queiran dicir, aquí.