Ata sempre, Kodachrome

O carrete Kodachrome morreu, longa vida a Kodachrome. Os que coñecemos a película sabemos os bonitos momentos que nos brindou. A fotografía química vai morrendo ós poucos.
Todo o que lle queiran dicir, aquí.
algunhas atrapadas no ar

O carrete Kodachrome morreu, longa vida a Kodachrome. Os que coñecemos a película sabemos os bonitos momentos que nos brindou. A fotografía química vai morrendo ós poucos.
Todo o que lle queiran dicir, aquí.
Escrito por Spav
1 Xullo, 2009 a 0:39
Publicado en do que me entero
Etiquetado con fotografía, kodachrome, kodak, photography
Subscribe to comments with RSS.
Bloguea en WordPress.com. — Journalist theme by Lucian E. Marin
http://www.kodachromeproject.com/
Spav
1 Xullo, 2009 a 0:48
Estaba visto, todo eran problemas con Kodachrome. E falo máis de oídas ca por experiencia propia, eu tirei tres carretes de diapo na miña vida e todos Velvia.
Era moi difícil conseguir a película e era moi difícil procesala porque só a revelaba Kodak. E por riba comezou a pechar laboratorios. En España, por exemplo, creo que pecharon os dous que quedaban en 2006 así que se querías procesar película Kodrachrome tiñas que mandar un paquete a Suiza.
ascárida
1 Xullo, 2009 a 12:18
Non estas errada, pecharon en 2006. E o laboratorio de Suiza segue aberto ata novembro de 2010 para revelar os stocks que queden de Kodachrome.
Spav
1 Xullo, 2009 a 15:10
O que queda aberto, querido, é o Dwayne’s Photo Parsons* de Kansas (USA). O de Lausana (Suiza) xa leva tempo pechado pero non podo precisar dende cando, non dou dato.
* Que non é laboratorio de Kodak. Kodak pechou TODOS os seus laboratorios (o último o de Suiza), este americano é un laboratorio “certificado”
ascárida
1 Xullo, 2009 a 15:19
Ahum…non me dera conta de que non era o mesmo o certificado que o “laboratorio propio”. Gracias :)
Spav
1 Xullo, 2009 a 15:22
De todos modos, e sendo un pouco víboranegra, a quen lle importa? Kodak leva anos matando o que lle quedaba de negocio na química. E mentres Kodak pechaba laboratorios e retiraba película, Fuji volvía meter no mercado o Velvia 50 un ano despois de retiralo. Hai quen cre no que fai e hai quen non, non son malos tempos para a química. Mínima compasión.
ascárida
1 Xullo, 2009 a 15:37