Further reading
- Hanif Kureishi estame gustando moito en Algo que contarte; ten un ritmo moi lixeiro e unha trama interesante, a pesares do repelús que lle teño ós psicoanalistas e demáis charlatáns. Os meus pais acertaron, ascárida, creo que te leen.

- Non sei se xa o dixen por ahí, pero Contacto de Dennis Cooper paréceme rematadamente mala, máis que nada porque pretende chegar a ser Guía…e non o é. Cutre e deslabazada na miña opinión.
- Introduction to The Objective-C 2.0 Programming Language, Objective-C 2.0 Runtime Programming Guide e Object-Oriented Programming with Objective-C. Se o preguntades…si, estou trasteando con Objective-C e Cocoa para a plataforma Mac OS X, por aquilo de diferenciarme.
- Unha vez, de rapazolo, vin un debuxo que me flipou, días máis tarde souben que se trataba dun debuxo de Egon Schiele, dende aquela merco todo o relacionado coa súa obra. A miña última adquisición, unha fermosa obra de Phaidon que merquei no Reina Sofía hai uns meses e que estou a deglutir agora mesmo.
- Mente y materia pareceume un librazo, recomendable para todo aquel que teña preguntas sobre a psique e ese extrano límite co que Erwin Schrödinguer titula a súa obra. Espeso de ler pero todo un gustazo. Apostillar que mercaría toda a colección Metatemas de Tusquets porque me pon moi palote de dios [ata o de agora teño 3 títulos].
O verdareiramente fantástico deste post é a imaxe que o ilustra. Dorothy Gale lendo a Jean-Paul Sartre, non me estraña que poña esa cara. Dime que esta imaxe existe a tamaño xigante nalgures, sería tan bonito tela na casa ao lado da porta. Sería un aviso para as visitas.
ascárida
1 Xullo, 2009 a 18:50
A Kureishi linlle tres ou catro cousas e gústame bastante. Algo que contarte lina moi rápido e a min cústame moito ler novela, teño interiorizada a fantasía de que son a persoa á que máis tempo lle levou ler Alta Fidelidad, así que supoño que a alguén coma ti as páxinas téñenlle que voar nos dedos. Falamos cando o remates, a min hai cousas que non me convenceron nada.
Dennis Cooper e Contacto… Como Contacto é anterior a Guía, hai case 10 anos de diferencia entre elas, o que plantexas é imposible.
De Tusquets o que debera telo a vostede coa boca aberta é La sonrrisa vertical. Acaba de quedarme un dobresentido digno de Jimmy Giménez-Arnau. Maldita sea.
ascárida
1 Xullo, 2009 a 19:39
Non, a imaxe é bastante gurrumía…pero si que sería un bo cartel, si…
Con respecto a Contacto e o que digo dela…onde plantexo ningunha cuestión temporal?. Só digo que é malérrima, moito mellor Guía.
Teño pendente esa novela e outras tantas do ramo :-)
Por certo, comeza a ser algo enfermizo o seu coas tags html…calquera diría que traballa no ramo…deberíanlle de saír polas orellas :P
Spav
1 Xullo, 2009 a 20:22
“máis que nada porque pretende ser Guía“, eu pensaba que esto establecía unha liña temporal, unha causa-efecto, un antes e un despois, unha saída e unha meta… Contacto non pode pretender ser Guía porque ainda non existía, supoño que nen coma idea moi remota.
Con respecto á miña incapacidade para pechar as etiquetas do HTML coma o W3C manda, só podo decir que moito mal fixo na vida dos picacódigo o autocomplete. Mea culpa.
ascárida
1 Xullo, 2009 a 21:21