Recopilando fotografías
- En fubiz topeime cun album de fotos que me fixo lembrar que hai case un ano tiña unha Lomo LC-A+ noviña que me birlaron na estación de tren de Compostela un bonito 25 de Xullo. ¡Cantos momentos me quedaron por fotografiar! :_
- A Picasso gustáballe experimentar en todo tipo de campos, pintura, escultura, cine, mesmo na fotografía. Life recopila algunhas fotografías do xenio desatado de Picasso xogando coa luz a facer arte no aire.
- Yoann Lemoine, na súa faceta de fotógrafa, ten na súa web unha colección de fotografías súas cunha luminosidade que me flipa.
bonito
ascárida
1 Xullo, 2009 a 12:25
Para que non quede a pastelada esa de comentario anterior direi que Yoann Lemoine me parece un pouco modernademierda e que as Lomo son un obxeto estúpidamente caro.
ascárida
1 Xullo, 2009 a 15:23
e Picasso era un hijoputa dígocho para que nos pelexemos na lama de se hai que separar ao artista da obra. placa placa.
ascárida
1 Xullo, 2009 a 15:25
Tiña á pobre muller…¿Por qué non existiu ningunha muller famosa que maltratase ó seu marido, ou fose unha filla de puta [referencias a Leni Riefensthal aparte]?
Spav
1 Xullo, 2009 a 15:40
Probablemente porque as señoras exercen o maltrato dunha maneira silenciosa. As mulleres, xa sabes, móvense mal no campo da agresión física pero moito mellor no das psicolóxicas así que o seu abuso vese menos. Tamén creo que é raro que o dominio pasivo-agresivo que exercen as mulleres se vexa reflexado coma abuso ou maltrato. Odio non ter referencias nas que apoiarme, teño que ler máis biografías. Liza Minelli pegáballe ao marido, vale coma exemplo?
Mierda, pensemos. Temos que atopar miles.
ascárida
1 Xullo, 2009 a 15:59