verbas

algunhas atrapadas no ar

Insomnio

hai un comentario

Vai para un mes que te teño comigo, e non te entendo, nunca te entendín. Ninguén te avisou para este velorio, pero tí decidiches convidarte. E xuntámonos tí, eu, algún amigo e algún que outro coñecido. Charlamos toda a noite animadamente, mesmo semella unha reunión de amigos natural.

Pero tal e como viñeches, marchas, sen avisar, como os malos convidados. Para cando pecho os ollos sei que voltarás mañá, volves cada noite, tornas a arrincarme un cachiño máis do que me queda, do case nada que teño. Non fallas, puntual á túa cita; era de esperar se saes de min.

E namentras, a almofada pídeme a berros unha baixa por depresión. Alega que son demasiadas noites escoitándome.

Escrito por Spav

24 Setembro, 2009 a 23:48

Publicado en do que fago

Etiquetado con

Unha resposta

Subscribe to comments with RSS.

  1. As almofadas o que tenhen que aguantar… pobres… pero comparto o teu pensamento.

    Ramón Nogueira

    13 Outubro, 2009 a 15:12


Deixa un comentario