verbas

algunhas atrapadas no ar

Random thoughts

deixa un comentario »

Que me perdoen os puristas, pero vou metabloguear un pouco…

¿Qué lle está a pasar ó blogomillo?. ¿A old school comeza a estar moi old?

É un feito que o blogomillo primixenio está deixando de crear contidos (indlúome) diversificando os medios nos que crea contidos. Manteño que está moi vivo e nada vello. O problema nace de que non hai maneira obxetiva de comparar distintas épocas na internet; hai uns anos, co nacemento do blogomillo, non existían a metade dos servizos para transmitir o que nos pasa pola cabeza ou a información que topamos na rede dos que hai agora mesmo. Google Reader, chuza, Google Latitude, Google Maps, last.fm, flickr, blip, youtube, vimeo, 11870.com, ou máis recentemente twitter, Google Wave, ou robo.to. Tal cantidade de servizos e de redes sociais fan que a pegada do blogomillo sexa algo máis difusa, un pouco máis diversificada se se quere.

Pero, ¿ten que ver isto coa idade media do blogomillo?

Penso que non, os de sempre seguen (¿inclúome?) ahí; quizáis máis ou menos ocupados, pero vivos. O que noto (a título persoal) é unha desconexión coas novas xeracións, coma se detrás das primeiras xeracións de blogues houbese a nada.

Pero entón, ¿qué nos une?

A lingua, dirán os máis patrios. WRONG!, únenos a rede, únenos a querencia por xerar e consumir máis información cada día. Nin manifas, nin partidos, nin nada alén da rede.

Escrito por Spav

24 Outubro, 2009 a 23:04

Publicado en do que penso

Etiquetado con , ,

Deixa un comentario