Do traballo
¡Oh miserable aborto de los principios revolucionarios de la burguesía!, ¡Oh lúgubre regalo de su dios Progreso! Los filántropos aclaman como benefactores de la humanidad a los que, para enriquecerse holgazaneando, dan su trabajo a los pobres; mejor valdría sembrar la peste o envenenar las fuentes que levantar una fábrica en medio de una población rural. Introduzcan el trabajo fabril, y adiós alegría, salud, libertad; adiós a todo lo que hace la vida bella y digna de ser vivida.
“El derecho a la pereza”. Paul Lafargue. Capítulo II “Bendiciones del trabajo”, pag. 23-24
Galiza comunata
Nin o mesmísimo Ferrín ía pensar que sería Pemán o que resolvese os problemas do país aparecéndoselle en soños húmidos.
Será mañá cando se materialice do xeito máis enxebre que coñecemos, caendo chusos de punta.
Stricto sensu
A Sra.? Rosa Díez ben de utilizar o termo galego, dun xeito inusual nesta entrevista en CNN+ feita por Iñaki Gabilondo (min.5 máis ou menos).
–Gabilondo: defíname a Zapatero.
–Rosa Díez: podría ser gallego en el sentido más peyorativo de la palabra.
Só do fascio, no sentido máis pexorativo da palabra, podería chegar algo así.
Xa se comeza a falar por ahí do tema. O que realmente me pregunto é o que opinarán esas 9776 galegos persoas que votaron UPyD.
Recadiño para navegantes: Esta ¿señora? foi “de esquerdas“ do PSOE. Quizais o PSOE debería contratar os servizos de Txiki Beriguistain como secretario técnico para facer fichaxes.
Introdución á ética aplicada
Diferencias e introdución a: Ética, moral, xustiza, liberdade e igualdade. O fenómeno moral. Ética e relixión: criterios de xustificación nunha argumentación ética. Feitos e valores. Falacia naturalista. Praxis e responsabilidade, ¿por qué?.
1. Pobreza e desigualdade – Moral e pobreza. Igualdade e liberdade. Mercado, unipolarismo e dependencia. Teorías da distribución (Utilitarismos, Liberalismo, Libertarismo, Marxismos, teorías da dependencia). Xustiza distributiva global.
2. Guerra e paz – Realismo, pacifismo e guerras xustas. Causas xustas (ius ad bello), medios xustos e convencións (ius in bello), procesos de reconstrucción (ius post-bello). Intervencións humanitarias. Violencia estrutural (trascend), teorías da dependencia. Tribunal Penal Internacional. Cosmopolitismo.
3. Ética profesional (información e opinión) – Exemplo da información periodística. A confianza social e os medios corporativos. Auto-regulación. Política e códigos éticos.
4. Ética ecolóxica - Antropocentrismo, biocentrismo. Xustiza interxeracional. Dereitos dos animais. Desenvolvimento sostible.
5. Bioética – Xenética e xustiza. Natureza e desigualdade. Clonación, euxenesia, terapia xénica, eutanasia e aborto.
Neste cuadrimestre voume divertir.


deixar un comentario