Stricto sensu
A Sra.? Rosa Díez ben de utilizar o termo galego, dun xeito inusual nesta entrevista en CNN+ feita por Iñaki Gabilondo (min.5 máis ou menos).
–Gabilondo: defíname a Zapatero.
–Rosa Díez: podría ser gallego en el sentido más peyorativo de la palabra.
Só do fascio, no sentido máis pexorativo da palabra, podería chegar algo así.
Xa se comeza a falar por ahí do tema. O que realmente me pregunto é o que opinarán esas 9776 galegos persoas que votaron UPyD.
Recadiño para navegantes: Esta ¿señora? foi “de esquerdas“ do PSOE. Quizais o PSOE debería contratar os servizos de Txiki Beriguistain como secretario técnico para facer fichaxes.
E Gabilondo non reacciona, como si fai ante outras palabras na entrevista. Compartirá con Rosa Díez que hai un sentido máis pexorativo en “galego”?
Aquí español e madrileño, por decir só dous, úsanse nos mesmos termos nos que esta señora usa galego.
o mellor o dí por esto:
5. adj. C. Rica. tonto (‖ falto de entendimiento o razón).
http://buscon.rae.es/draeI/SrvltConsulta?TIPO_BUS=3&LEMA=gallego
@ascarida igual de mal feito. Que aquí tamén haxa xente anormal non é motivo para que *todo o mundo* sexa subnormal.
Si, xa, moi mal, fatal, pero non se enchen os blogs de artigos de opinión, nin se di no Twitter, nin se crean grupos no Facebook cando se usa español coma insulto. E nada, aquí a chorar, a escandalizarse a sentirse moi feridos porque una señora di de Zapatero “gallego en el sentido más peyorativo”. Somos ben pequenos. Por certo, ninguén protestou cando o dixo de Feijoo.
Deixe de trollearme no meu e póñase a escribir no seu! :P
:D