Antroponimia nórdica
Hai uns días comentaba brevemente o rica que é a antroponimia nesta illa.
Onte descubrín Nordic Names Wiki, unha wiki adicada á antroponimia de todos os pobos nórdicos, incluídos os inuit greenlandeses e os sami da laponia escandinava, estes últimos un dos pobos máis interesantes que coñecín en moito tempo.
Dúas illas
“La diferencia es que, en Islandia, dejamos que los bancos quebrasen. Se trataba de bancos privados, y no les inyectamos dinero para mantenerlos a flote; el Estado no compartió la responsabilidad del fracaso de los bancos privados”
Olafur R. Grimsson. Presidente da República de Islandia, fragmento do artigo con data 5 de decembro de 2010 “Dos islas hundidas por la banca” publicado no diario El Pais.
Eles decidiron o seu camiño, o difícil. O resto do mundo optou a vía fácil. Supoño que estas 300.000 persoas poden saír desta illa coa cabeza máis alta que ningunha persoa no mundo; namentras nós rumiamos as nosas cafradas.
On icelandic banking
Nunca fun moito de escoitar spoken word. Sin embargo teño que dicir que este video de Hallgrimur Hellgason (creador da novela que daría paso á película, 101 Reykjavík), paréceme cautivadoramente irónico, á par que ilustrativo en canto ó colapso bancario nesta illa xeada.
Maxia
Pura maxia sueca.
Para os que non o saiban, Junip é o grupo de José González.
deixar un comentario