verbas

Samaín

Posted in do que fago by spav on 31 Outubro, 2007

Esta info sobre o samaín pasouma unha amiga. Se inda non vos queda claro podedes visitar wikipedia e ver qué dí sobre o samaín.

Ata hai trinta anos por moitas aldeas de Galicia tallábanse cabazas por estas datas, e a día de hoxe cada vez hai mais lugares nos que se está a recuperar esta tradición na forma da festa do Samaín.
Se se busca en libros de etnoloxía polas celebracións que se fan no noso país con ocasión do día de Defuntos atoparemos unha serie de costumes ancestrais propias do País. Desde o deixar un oco na mesa ou racións de comida para os defuntos ata facer colares coas castañas novas.

A pouco que se pregunte a persoas de máis de corenta anos de diferentes puntos da nosa xeografía (Noia, Catoira, Cedeira, Muxía, Sanxenxo, Quiroga, Vilaboa, Portonovo e a zona sur de Pontevedra onde era coñecida como a Noite dos Calacús) lembran que tamén era habitual por Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles un pauciños coma dentes e deixalas nos camiños para asustar ós viandantes. Todo isto con ocasión da festividade dos Defuntos, o dous de novembro.

Este costume coincide co americano de Halloween (All Hallow’s Eve, que significa “Véspera de Todos os Santos”) festa que chegou ao continente americano a través dos emigrantes irlandeses no século XIX e aínda máis atrás coa antiga celebración celta do Samaín, no que eran os cranios dos inimigos os que brillaban na escuridade con candeas no seu interior.

Estaba a escoitar Too Young to Die de Divine Comedy, qué oportuno.

Tagged with: , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: