verbas

Todo o frío do mundo

Posted in do que penso by spav on 29 Novembro, 2007

Os obreiros seguen ao seu diante de mín. Traballan bulindo e levantando pisos sen parar. Namentres outro edificio derrúmbase, o que construira en torno a tí. Non quixen, sábelo, pero os recordos cáense co tempo se non os apuntalas. Tí deixaches a obra a medio facer, e non foi por falta de presuposto. Simplemente renunciaches. Mágoa.

Como se non ocorrese nada nestas dúas semanas. Todo muda. O teu recordo esvaese na memoria.

Advertisements

American way of life

Posted in do que ollo by spav on 26 Novembro, 2007

b-w_living.jpg

Tagged with: , ,

Schrödinger

Posted in do que din por ahí by spav on 21 Novembro, 2007

Beleza de explicación da famosa paradoxa do gato de Schrödinger. Dita paradoxa deu lugar a moita reflexión relacionada, mesmo camisetas geeks.

Tagged with: , ,

Nü art

Posted in do que interneteo, do que ollo by spav on 19 Novembro, 2007

A especialización nun campo nunca me gustou, preferiría saber un pouco de todo a un moito dalgo moi concreto. Farei unha excepción con Noli Novak. Esta rapaza a pesares de facer o mesmo sempre faino con extremo mimo, o de bonito ou non xa o deixo para os expertos.

Do que sí opinarei é do seu portfolio. Visualmente está moi ben, moi coidado, moi ben estructurado pero sempre hai un pero e neste caso é que o que está feito está en Flash, e podíase conseguir exactamente o mesmo efecto visual e ademáis lograr unha web semántica. Isto facilitaría o acceso á información por parte de usuarios e máquinas indexadoras e redundaría en máis visitas que buscan o que ofrece Noli, e porqué non dicilo, nun mundo mellor.

En resumen, Flash puntualemente pasa; Flash para todo = erro

Ultimamente estou a escoitar bastante o Violator de Depeche Mode, nunca pasa, sempre está ahí.

Hurt & pain

Posted in do que escoito by spav on 17 Novembro, 2007

 

I hurt myself today
to see if I still feel
I focus on the pain
the only thing that’s real

Johnny Cash – Hurt (a canción é de Trent Reznor, NiN)

Tagged with: , , ,

Göteborg

Posted in do que escoito by spav on 14 Novembro, 2007

¿Non vos soa a algo noventeiro estilo Ace Of Base?. Serán cousas miñas…

Graciñas asca pola recomendación, están caralludos!, eu tamén empezo a pensar iso de ¿qué coño pasa en Götteborg? Jens Lekman, El Perro del Mar, The Tough Alliance…menuda canteira.

Tagged with: , ,

Carboncillo máxico

Posted in do que ollo by spav on 11 Novembro, 2007

Un don. É a única maneira de describir como plasmar unha imaxe, un soño, un pensamento, nun papel. Wesley Burt é un deses agraciados, que poden plasmar, case como se fose unha fotografía o que ve (ou pensa). ¿Como funcionará ese cerebro para reter tan nítidamente formas e cores e despois plasmalo?, o dito, un don.

Para os beodos que non atopan os links, ten exemplos dos seus traballos, así como unha exposición de traballos en Ohio.

Ultimamente estou a escoitar bastante Sexy Sadie, será porque o escoito no Torgal, no Charol, no piso…concretamente estaba escoitando From out of this world do disco Onion Soup que non me gusta moito quitando a obra maestra que é Mr. Nobody.

Tagged with:

Unha canción para chorar

Posted in do que escoito by spav on 10 Novembro, 2007

Incrible, realemente incrible, o que toca Thom Yorke (Radiohead) convértese nunha xoia musical instantaneamente. Esta é unha versión de Unravel do disco Homogenic de Björk.

É a última canción que me fixo chorar.

Tagged with: , , ,

Libros de balde

Posted in do que interneteo by spav on 9 Novembro, 2007

Topei unha páxina ben xeitosa. Free Linux eBooks. Trátase dunha compilación de ebooks feita por unha persoa co único fin de contribuir a que o mundo sepa un pouquiño máis acerca de GNU/Linux, administración de redes, servidores web, programación gráfica, Java, etc. Parece que inda hai xente que cre que o acceso á información debería de ser completamente libre.

Todo en perfecto inglés, algúns en formato CHM, outros en PDF, outros en PostScript…, o caso é acceder á información, que é o realmente importante.

Tagged with: , , ,

Cine en Ourense

Posted in do que vexo by spav on 8 Novembro, 2007

Mon dieu!, un ciclo de cine europeo en Ourense!!!, os deuses fixéronme algo de caso, por fin. Será durante todo novembro. Iso sí, tes que ser moi sibarita de dios, é versión orixinal subtitulada. Sen rodeos, as datas son:

Mércores, 7 de novembro: unha brillante comedia de amor
2 días en París (Julie Delpy. Francia/Alemania, 2007) Xa foi, e estivo moi moi ben, inda que tocou unha temática demasiado cercana para mín.

Mércores, 14 de novembro: o drama da emigración europea do século XX
Golden door (Emanuele Crialese. Italia/Francia, 2007)

Mércores, 28 de novembro: o poder da imaxinación
Tideland (Terry Gilliam. Reino Unido/Canadá, 2005)

Os pases serán ás 20:30 e ás 23 horas, no CineBox Ourense, e a cousa sae barateira para ser cine de autor, 4€ as persoas, 3€ nós, escoria universitaria. Seica o organiza o Cineclube Padre Feijoo e tamén hai cartos da Vicerreitoría do Campus de Ourense, pero isto último xa me parece incluso raro raro raro…

Eu pola miña parte non vou desperdiciar de ver unha de Terry Gilliam ni de coña. ¿e vós?.

Tagged with: , ,