verbas

Oito lugares con encanto

Posted in do que fago by spav on 5 Novembro, 2007

Por opaco chégame o meu primeiro meme. Non é que me fagan moito aquel estas cousas, pero este é bastante aberto, e non tan persoal coma o típico con cantas mozas estiveches saíndo nos últimos 2 meses e cousas polo estilo que xa vin pola rede adiante…

A cousa vai así:

– Oito cousas a listar, as que sexan.
– Escribir esas 8 cousas no blogue e explicar como vai o meme.
– Seleccionar a 8 persoas para que o sigan e poñelos no blogue.
– Deixar un comentario no blogue conforme foron convidados a xogar e facendo referencia ao propio -post “O meme das 8 cousas”

O ideólogo disto coido que se perde na noite dos tempos…

A miña versión do meme trata de oito lugares que, para min teñen encanto. Como é ben sabido por algúns de vós, o tempo e o espazo son, en sí segundo as leis físicas imperantes ata o de agora un bloque indivisible, un bloque de espazo-tempo.

  • O Barqueiro (A Coruña). Xunto coa súa ría formada polo río Sor. Volvín este verán, de paseo, e volveume namorar, certamente debo ter algunha obsesión coa costa que vai dende Ortigueira ata Viveiro, tenme namorado, pero dende logo, é para min, a ría máis fermosa de todo o mundo. Ten maxia, ten unha luz especial, ten encanto, credeme.
  • Islandia. Nunca estiven aló…polo de agora. Informeime máis deste país se cadra que do meu propio, pero ten magnetismo para min, é especial para min, e todavía non sei porqué, só sei que quero ir. ¿Será por Björk?
  • Un ordenador. Non preguntedes, calquera ordenador de calquer tempo é unha máquina asombrosa, estar dentro del e comprendelo achégase ó meu particular orgasmo profesional.
  • Un cine independiente, destes que votan películas á marxe de productoras e calquera historia comercial, por puro afán cultural. Calquera que estivese nun cine vendo unha película á que só acudes tí e dous amigos teus comprenderá o que digo.
  • Unha praia, calquera praia. O vento na faciana, o son das ondas escachando coa area, as gaivotas, os nenos xogando, ela ó teu carón. Non fai falla máis.
  • Santiago de Compostela, ollo!!, ten que estar en periodo lectivo e orballando, imprescindible!.
  • Ortigueira. No festival, de camping, fai anos. Maxia pura.

Non necesariamente seguen un orde concreto. Os desagraciados son: dorfun, ghanito, ascárida, raparigha, marmota, cesare, ra e meigha.

Tagged with: ,

12 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. ra said, on 5 Novembro, 2007 at 21:58

    uf!!! daquela, me cago en opaco!
    XDDDDDD
    fareino, pero máis adiante, que esta semana ando algo liado e, como saberás, só penso usar lanevera para facer publi do aniversario.
    porcier, sabes o da festa, non? XDDD pois pásate e date a coñecer!

  2. cesare said, on 5 Novembro, 2007 at 22:02

    mecagoenopaco as well, :)

  3. spav said, on 5 Novembro, 2007 at 22:26

    ra xa vexo que o Plan de Dominación Mundial de lanevera vai adiante co 5º aniversario, non creo que me poida pasar, cólleme a desmán total x(

    cesare menos mal que non a tomades comigo, que senón estaría todo emporcado a estas alturas :P

  4. cesare said, on 5 Novembro, 2007 at 23:21

    oe, Spav, non o tomes a mal, pero vou pasar de ti, quero dicir, de opaco, ;)

    é que… vaites, non me gustan moito os memes, pero polo menos respondendo compensas a alguén que se lle ocorreu a parida esa das mozas coas que estiveches nos últimos dous meses. Pero un meme que un mesmo ten que inventar, paréceme un meme moi memo de diola… :) e case vou pasar, si?

    sorry…

  5. spav said, on 5 Novembro, 2007 at 23:52

    Nada oh!!!! XD

    Coma se fose obligatorio…, qué va qué va…xa me cheiraba a mín ademáis que non eras tí de memes… ;)

    Ademáis, tocouche a tí de maneira “aleatoria”

  6. meighinha said, on 6 Novembro, 2007 at 0:46

    Bueeeeno… vaaaale, aceptaré barco como animal acuático… pero que non se repita eh
    Mira que encasquetarme un meme!! ¬¬ non hai vergonza!!

  7. opaco said, on 6 Novembro, 2007 at 1:21

    oia Spav, póñame orde neses comentarios. o que me teñan que dicir o ra e mais o cesare que mo digan á cara :P

  8. ra said, on 6 Novembro, 2007 at 8:44

    ei! se cesare pode pasar, eu tamén.
    e opaco, agora vou!

  9. spav said, on 6 Novembro, 2007 at 10:04

    Opaco, isto sempre se arranxou cunha pelexa en barro :P

  10. raparigha said, on 6 Novembro, 2007 at 13:20

    Qual é o meu castigo senão o escrevo? xDD em sério, estas coisas ralham-me mazo xD não lhas contesto a ninguém e é por pura vagância, se queres tomando um café invénto-me 8 coisas xD mas agora mesmo…Cósta-me um montóm!! :(

    Por certo, não tinha este endereço teu de blog :/

  11. spav said, on 6 Novembro, 2007 at 14:04

    raparigha, eres unha vagoneta con pouca creatividade :P

    Non tiñas este enderezo porque hai uns días que o fixen…e hai máis tempo que non te vexo :(

  12. marmotillayonki said, on 6 Novembro, 2007 at 15:39

    Me ha gustado lo del “orgasmo profesional” xDD
    Lo de los niños jugando en la playa ya no tanto, no tiene gracia eso de ke te tiren arena a la kara…XD
    SDC en periodo lectivo y orballando, totalmente de acuerdo jaja
    saludacos co

    La marmota


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: