verbas

Nestas datas tan sinaladas…

Posted in do que fago by spav on 24 Decembro, 2007

tede coidado se montades a árbore tan típica doutros países máis fríos ;-)

ojos_de_clavo.jpg

Saúde!!

Tagged with: , , , ,

No es verdad

Posted in do que escoito by spav on 17 Decembro, 2007

No es verdad que no quiero querer más.
guardo el mar en un bote de aguarrás.
cúrame con tus dedos, llévame a tu lado…

…a mi lado ya no estás. 

 
Un dos mellores grupos de indie pop deste país. Eles seguen resguardados de toda a basura comercial, sacando pezas xoias de pop cando lles peta. Maga.

Tagged with: , , ,

H.P. Lovecraft

Posted in do que interneteo by spav on 14 Decembro, 2007

Distraéndome pola rede adiante topei cun link que recollía un montón de traballos de H.P. Lovecraft. Unha pequena xoia, mágoa que non se atopen en PDF :-(

Non gozar da lectura, golpe de remo. Non apreciar a literatura de terror, golpe de remo. Non coñecer a Lovecraft, golpe de remo.

Tagged with: , ,

Back!

Posted in do que fago by spav on 13 Decembro, 2007

Xa ando por aquí, pero renqueante…a causa, unha gripe fulminante dun só día que viu para foderme un exame e pirou tan campante.

Por culpa desa transitoria estadía en cuarentena, vinme forzado polo señor aburrimento a enrolarme en dous xogos masivos online ben coñecidos, seguramente deixareinos en pouco tempo, pois, os que me coñecen saberán que non hai xogo que me conseguise enganchar por moito tempo. Ditos xogos nos que abrin sendas contas son o archi coñecido Hattrick e o non tan coñecido Travian. O dito, a ver canto dura.

Tiña algunhas cousas en mente que compartir con vos, pero o virus borrou todos os datos…

Tagged with: ,

Ponte

Posted in do que penso by spav on 6 Decembro, 2007

Voume de ponte. STOP.Voltarei o domingo. STOP. A ver se vou de museos o sábado á cidade do mar a sal e a area.STOP. A ver se curro algo tamén que teño choio bastante.STOP

Andrés do Barro

Posted in do que din por ahí by spav on 3 Decembro, 2007

 

Pasei tanto tempo sen lar;
lonxe de eiquí;
…foron mil noites cheas de soidá.

Ourense nocturna

Posted in do que fago by spav on 1 Decembro, 2007

Hoxe pincha Isaac o Torgalita no Charol. Hoxe hai rachí por Ourense. ¿Rematará isto no Badulake?. Who knows!?

Tagged with: ,

Lecer en Ourense

Posted in do que fago by spav on 1 Decembro, 2007

Pensando no meu lecer nesta vila mentres almorzaba ás 12 de mañá abrin o panfleto local ¿recén rediseñado? :S, co fin de ler a sección de lecer correspondente, e ver qué se pode facer nunha tarde apagadiña coma a que me espera.

Concertuchos, semanas pseudo-culturais de nonseiqué promovido por nonseiquén, bla bla…e algo centra un pouco máis a miña atención, unha exposición no Ateneo de Ourense “O republicanismo en España e en Galicia”.

Se hai algunha mostra de cartaces de propaganda electoral ou de guerra xa virei un chisco máis feliz para o piso. Xa vos contarei qué tal.

Escoito o disco homenaxe a Andrés do Barro, está moi recomendable, é moi fresco, nada revisionista.