verbas

Paixón

Posted in do que fago, do que ollo by spav on 28 Febreiro, 2008

Sempre fun rarito no meu. Dende pequecho sempre me tirou o deseño. Sempre me fixei antes en como estaban feitas as cousas que me rodeaban; despois fixábame (ou non) en para qué servían, moitas veces, se non me gustaban como estaban feitas xa chegaba con prexuizos a avaliar a súa funcionalidade.

Agora un pouco máis crecidiño e teño o meu propio PDM xa marcado, os impulsos de neno tíranme cara él. É por isto polo que devoro — literalmente — todo canto cae nas miñas mans sobre deseño…só que aplicado ó meu mini-mundo particular. Ultimamente paseando pola biblioteca topei tres xoias das que estou dando boa conta.

A primeira (a cal xa acabei) éMies van der Rohe. La estructura del espacio por Claire Zimmerman da Ed. Taschen; o cal fai unha intro bastante amena no universo arquitectónico de Mies, pasando por algúns dos seus traballos máis notables (Casa Fansworth, Crown Hall, Nova Galería Nacional, etc). Un ameno repaso á obra dun dos tres xenios da arquitectura moderna xunto con Gropius e Le Corbusier dos cales todo o mundo debería saber algo (polo menos de orella…).

As outras dúas xoias que topei e que teño por ler son Teoría del Color de Johannes Pawlik da Ed. Paidós o cal polo que vexo fai unha síntesis selectiva das teorías existentes (Goethe, Runge, Delacroix, Klee, etc.) e presenta unhas nocións básicas para a súa comprensión e utilización. E por último topei algo máis adaptado ás miñas necesidades, The Essential Guide to User Interface Designpor Wilbert O. Galitz da Ed. Wiley, o cal é un mamotreto de setecentas páxinas dedicado a explicar os intríngülis do deseño de interfaces de usuario para entornos informáticos; vamos, un pesadelo para os axenos á materia, unha delicatessen para os amantes disto.

Travel

Posted in do que penso by spav on 26 Febreiro, 2008

Foto de ozgurcakir.

– ¿Quén sabe o que me espera ahí fora?
– Todo un mundo enteiro para min.

Tagged with: , ,

Escafandras e outras herbas

Posted in do que penso, do que vexo by spav on 26 Febreiro, 2008

Fai uns días tiven o privilexio de ver (en DivX, por suposto, a programación cinéfila de Ourense non da para máis) Le Scaphandre et le Papillon de Julian Schnabel. Para os mortais que non se apuntaran a un curso de francés vía CCC titularémola “La Escafandra y la Mariposa”; e digo privilexio non só pola película, senón tamén pola compaña, que ás veces é moi aconsellable e mesmo necesaria para unha película así, por aquelo de comentar puntos de vista…esas cousas que só fai a sociedade pequeno-burguesa, tamén chamada progre ou gafapasta, malditas etiquetas…

A película hai que dicir que é moi boa. Consegue que o expectador sinta o que  sinte o protagonista tanto por medios visuais coma sonoros ou mesmo recurrindo a unha fermosa voz en off (en perfecto francés, por suposto). A historia é digna de ser contada, mágoa que non sexa unha película mainstream e que a maior parte da xente non chegue sequera a saber dela. Só lle topei un resquicio polo que podería atacala vilmente e fustigala ata cansarme, o seu paralelismo con Mar Adentro é innegable, ata certo punto que, ó meu parecer, o final é mesmo predeciblemente similar ó perpetrado por Amenabar.

Persoalmente, coido que todo o mundo ten a súa propia escafandra; a miña é unha ansiedade que, por momentos dócil ou indomable, tórnase no meu propio síndrome locked-in facendo que fique atrapado esta vez pola miña cabeza, a cal non me deixa realizar cousas que o meu corpo sí soporta. É difícil de explicar a quén non padece desta enfermidade; resúmese básicamente no descontrol dos parámetros normais dun sentimento, o medo.

Cada un ten os seus demos propios, cos que ten que convivir toda a súa existencia e turrar e teimar para que estes non sexan os culpables de levalo á tumba. Isto enlaza claramente coa outra película que vin hai pouco, o biopic de Ian Curtis que non soubo/foi quén de levar a súa epilepsia e terminou por aforcarse o 18 de maio de 1980 con 23 anos. Mágoa.

Conciencia polética

Posted in do que penso, do que vexo by spav on 25 Febreiro, 2008
cartel.jpg

Cartaz pequerrecho (12 x 5) que atopei tempo atrás nos parabrisas dos coches estacionados en Ervedelo.

Tagged with: , ,

Collapse

Posted in do que penso by spav on 24 Febreiro, 2008

Pantasmas que cría vencidos.
Nunca se irán, sempre estarán ahí esperando…
Gracias por coidarme, tí xa sabes quén eres.

 

Tagged with: , , , ,

Rexurdimento

Posted in do que fago by spav on 24 Febreiro, 2008

Voltei a darlle vida á miña conta de flickr. A ver qué saco en claro.

Poñéndome ó día

Posted in do que escoito, do que vexo by spav on 23 Febreiro, 2008

A miña carpeta de descargas estaba a rebentar. Tiña que poñerlle remedio dalgunha maneira, por iso estou inmerso nun atracón gafapasteril.

Xa dixeridos ou en proceso:

  • Vacabou. Estaban escondidos polo cartel do FIB do 2004, e rescateinos, non estan nada nada mal…
  • Lesbians on Ecstasy, hype ou non, estan ocupando quota das miñas orellas.
  • Control, biopic (palabro noxento onde os haxa) sobre a (curta) vida de Ian Curtis, un grande da música ó que o a súa cabeza non deixou seguir vivindo. Máis que nada é un exercicio de estilo doutro grande Anton Corbijn, de ahí a súa man na fotografía…Destacar que actor principal, Sam Riley inda que sobreactua un pouco ó meu parecer, é un calco de Ian. E menudo dominio para bautizar web oficial…qué poucas boas ideas quedan xa.
  • Last Days de Gus Van Sant que proxectaba o CineClube Padre Feijoo, como xa comentei. Parecíame unha obscenidade ir a ver isto ó día seguinte de ver Control…
  • Elodio Y Los Seres Queridos. Menos mal que apuntei, ¿poeta frustrado?.
  • Crash. Outra que tal baila…é dos Oscars de vai dous anos ou cousa así…pero sempre a retrasei, inda hoxe non mo perdono. Os guións con historias cruzadas cautívanme…¿reflexo vital?.

En cola:

Tagged with: , ,

Futuro

Posted in do que din por ahí by spav on 19 Febreiro, 2008

A pantalla da televisión converteuse na retina do ollo da mente

Agora é o turno de TFTs, pantallas táctiles e demáis derivados… Unha mirada de visionario.

Domingueiros

Posted in do que escoito by spav on 18 Febreiro, 2008

Agrio porque Santiago estaba morto, zafou A Reixa e o Maycar.

Dulce porque mesmo os teloneiros compañeiros de cartel, Niño y Pistola se-sa-lie-ron . No seu último largo, Culebra soan moito máis potentes e definidos. Hai panorama indie galego para rato…

E qué dicir dos Domingueiros, pois que estiveron incribles, moi profesionais, un bo directo, quizáis a única pega é que os notei algo blandengues. Pero seguen sendo caralludos, soaron apabullantes Do It, Love Our Love (máxica…), Rainbows in Colors, I Ain’t Down, ou Little Heart Attacks nos bises.

E qué dicir da Sala Capitol, segue a ser referente cultural Santiagués por antonomasia.

Update: Parece que ata eles mesmos se deron conta de que o outro día estiberon sublimes. Ben por eles!

Plan de rachí

Posted in do que fago by spav on 15 Febreiro, 2008

E a cousa queda así como sigue:

  • Xoves (onte) festa ata as mil por Ourense adiante (Trolebus, Ingravito, Charol, Badulake, Black, …). Música, amigos, conversa, máis música, crema de orujo, máis conversa, adrenalina, suor, saltos e máis saltos. O amencer.
  • Venres festa en Vilagarcía ata que o corpo aguante.
  • Para o sábado teño entradas para os Sunday Drivers + Niño y Pistola na Capitol de Santiago, despois ruta de garitos/antros.
  • Domingo, cañas e durmir o que non durmín en mes e medio.

Non me fai falla comer, nin durmir, a adrenalina que gardo fara o seu traballo…

Tagged with: , ,