verbas

Escafandras e outras herbas

Posted in do que penso, do que vexo by spav on 26 Febreiro, 2008

Fai uns días tiven o privilexio de ver (en DivX, por suposto, a programación cinéfila de Ourense non da para máis) Le Scaphandre et le Papillon de Julian Schnabel. Para os mortais que non se apuntaran a un curso de francés vía CCC titularémola “La Escafandra y la Mariposa”; e digo privilexio non só pola película, senón tamén pola compaña, que ás veces é moi aconsellable e mesmo necesaria para unha película así, por aquelo de comentar puntos de vista…esas cousas que só fai a sociedade pequeno-burguesa, tamén chamada progre ou gafapasta, malditas etiquetas…

A película hai que dicir que é moi boa. Consegue que o expectador sinta o que  sinte o protagonista tanto por medios visuais coma sonoros ou mesmo recurrindo a unha fermosa voz en off (en perfecto francés, por suposto). A historia é digna de ser contada, mágoa que non sexa unha película mainstream e que a maior parte da xente non chegue sequera a saber dela. Só lle topei un resquicio polo que podería atacala vilmente e fustigala ata cansarme, o seu paralelismo con Mar Adentro é innegable, ata certo punto que, ó meu parecer, o final é mesmo predeciblemente similar ó perpetrado por Amenabar.

Persoalmente, coido que todo o mundo ten a súa propia escafandra; a miña é unha ansiedade que, por momentos dócil ou indomable, tórnase no meu propio síndrome locked-in facendo que fique atrapado esta vez pola miña cabeza, a cal non me deixa realizar cousas que o meu corpo sí soporta. É difícil de explicar a quén non padece desta enfermidade; resúmese básicamente no descontrol dos parámetros normais dun sentimento, o medo.

Cada un ten os seus demos propios, cos que ten que convivir toda a súa existencia e turrar e teimar para que estes non sexan os culpables de levalo á tumba. Isto enlaza claramente coa outra película que vin hai pouco, o biopic de Ian Curtis que non soubo/foi quén de levar a súa epilepsia e terminou por aforcarse o 18 de maio de 1980 con 23 anos. Mágoa.

4 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. aultre narai said, on 26 Febreiro, 2008 at 1:57

    precioso post!!!! e…

    quero as dúas!!!!! as dúas!!!!! encántame ian curtis!!!!

    http://es.youtube.com/watch?v=FIe3IgmdSlI

  2. quela said, on 26 Febreiro, 2008 at 10:31

    preciosa!! encantoume!

    :)

  3. quela said, on 26 Febreiro, 2008 at 14:18

    preciosa!!!
    na olvidarei!!

    :)

  4. murdersintherue said, on 27 Febreiro, 2008 at 16:47

    vaya, yo tenia pensado ir a verla, despues d este discurso mi curiosidad ha crecido, jo, kiero verlaaaa
    salu2


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: