verbas

O gañador

Posted in do que interneteo by spav on 31 Marzo, 2008

Xa saíu o gañador dos Pritzker. Eu seguirei sendo de Koolhaas.

Se queredes, El País da un pouco de pseudoperiodismo oportunista sobre a noticia.

E sí, estou traballando…pero perdín o traballo de toda unha mañán, e iso jode.

Advertisements

Noutra vida

Posted in do que penso by spav on 28 Marzo, 2008

Noutra vida facía o que me gustaba.

Noutra vida tiña capacidade creativa.

Noutra vida deseñaba e creaba.

Noutra vida tiña ideas.

Noutra vida debín ser deseñador.

Nesta vida só podo admirar o que fan outros.

Tagged with: , ,

Cores (iii)

Posted in do que vexo by spav on 25 Marzo, 2008
Foi feita por Fotógrafo Accidental.

Ningún de nos está percibindo o mesmo. ¿Porqué algo meramente físico é tan subxetivo?

Cores (ii)

Posted in do que vexo by spav on 25 Marzo, 2008
Cóllocha emprestada bitzi.

¿Terá a cor compoñente psicolóxico?

Tagged with: , ,

Cores i

Posted in do que vexo by spav on 25 Marzo, 2008

As cores primarias mistúranse para crear novas cores. Marabilla de mundo no que nos atopamos, mágoa de non poder disfrutar de máis espectro

Poñéndome ó día (II)

Posted in do que fago by spav on 24 Marzo, 2008

Fai un tempo estábame poñendo ó día coa cantidade de música que tiña ahí apilada por escoitar, pois ben, a pila, descubrin que hai anos que levo cunha pila (ou cola, dame igual) infinita de por sempre, escoito algo, gústame/odioo e de ahí as consecuencias ramifícanse. Curioso.

Agora tócalle ós meus libros:

  • Warhol por Klaus Honnef Ed. Taschen. Emprestáronmo pedino emprestado, regalábano (ou vendíano?, xa non me lembro) co País. Bastante truño ó meu parecer, xa que se volve demasiado biográfico, pero bueno, hai que considerar que a obra de Warhol ten que ir ligada á súa curiosa vida.
  • El Juego de Ender de Orson Scott Card. Ciencia ficción. Acaboo de comezar. É o principio dunha saga de 4 libros. Estame enganchando moito.
  • Compilación dos relatos gañadores do GZcrea 2007. Este conseguino regalábano na XGzN ’08. Inda non o escomecei, pero é unha vía para ver o que se coce no país.
  • A re-hostia de artigos de usabilidade nas webs. Desisto de colgar sequera os links porque teño un porrón deles. Preparándome para o PFC.

De música, outro día.

Tagged with: , , ,

Galletiñas III

Posted in do que escoito, do que me entero by spav on 23 Marzo, 2008

Os ourensáns estamos están de sorte. O Café & Pop Torgal está de 5º Aniversario e celébrao cuns concertos moi apetecibles e en acústico, of course.

Copio/pego vilmente do fotolog do Torgal:

  • VICTOR COYOTE
    Viernes 4 de Abril / 22.00h.
    Invitación
  • SR CHINARRO
    Sabado 5 de Abril / 22.30h.
    Entrada + caña: precio a confirmar.
  • TACHENKO
    Sabado 19 de Abril / 22.30h.
    Entrada + caña: 4 euros

O aforo é de 90 persoas, así que dádevos hai que darse presa…

Tagged with: , , ,

Vacacións con humor

Posted in do que interneteo by spav on 21 Marzo, 2008
blogaliza.png

Ante todo, bo humor!

Tagged with: , , ,

Boston Terrier

Posted in do que penso by spav on 20 Marzo, 2008
Graciñas tony irons.

Devezo por un bichiño destes…

Tagged with: , ,

Relax

Posted in do que interneteo, do que penso, do que vexo by spav on 19 Marzo, 2008

Sí, estou algo ochentero.

Levo uns días caralludos, como me gustan, vaia, coñecendo a un montón de xente que merece a pena.

Gracias por deixarme cruzar unhas poucas palabras con vós [Goretoxo, Fer, Xorna, Ghanito (gracias pola chapiña!!), María Yañez, Berto Yañez, Ascárida, Dorfun e Modesto]. Dou fé de que o blogomillo non está morto, na Xuventude había moito vivo ;-)

Majísimos todos, uns soles, vaia. Xa estou desexando que se faga algunha xantanza blogomilleira [e desta, apuntarme e ír…] para volver ver xuntos a tanto blogueiro.

En canto consiga dixerir un pouco destes 400 Gb descargados e descanse un pouco por terras lucenses prometo fotos da ciber-festa (vieiros dixit).