verbas

Master of the Internet

Posted in do que interneteo by spav on 31 Maio, 2008

Ese bigode… XD

Tagged with: ,

Download Day

Posted in do que interneteo by spav on 30 Maio, 2008

Os de Mozilla quérena montar gorda para a saída do Firefox 3. Por iso fixeron o Download Day, para tentar batir o record Guiness de descargas de software nun día, e de paso, difundir firefox.

Inda que non me gusta a maneira na que pretenden difundilo -paréceme arcaica-, creo que é unha boa forma de pinchar ós competidores para conseguir picalos, e ter así algo decente entre o que escoller.

Todo sexa por conseguir un navegador para unha futura web que cumpla estándares. Ou que polo menos o intente.

Aproveito para lanzar dúas preguntas (posiblemente ó ar, sen resposta).

  1. ¿De donde saca fondos a fundación Mozilla para manter todo o arsenal de servidores, empregados, instalacións, etc.? ¿Das doazóns só?…
  2. ¿Por qué nesta campaña non tenden un guiño á comunidade de soft libre, e contan tamén co número de descargas dos repositorios dos distintos GNU/Linux (polo menos os máis importantes)?
Tagged with: , ,

Conversa cinefoba

Posted in do que vexo by spav on 26 Maio, 2008

Eu: e claro, molestarache ver unha peli tan antiga… [Por Time Bandits, 1981]

Túzaro: ¡¿Qué dis?!, se fai pouco vin Pi [dato: Pi é de 1998]

Eu: Pero si Pi é de 1999 ou 2000 [errei por un ano]

Túzaro: Pero se é en blanco e negro!!

Eu: ¬_¬!

Tagged with: , ,

Alive

Posted in do que escoito by spav on 16 Maio, 2008

Non vou ir ó FdN. Curarei o pe, pero tranquilos…será por festivais

Sei de quenes irán, pasádeo ben por mín ;-)

We have broken the Theory of Everything

Posted in do que penso by spav on 9 Maio, 2008

A theory of everything (TOE) is a hypothetical theory of theoretical physics that fully explains and links together all known physical phenomena. […]

[…] En la corriente principal de la física actual, la Teoría del Todo podría unificar todas las interacciones fundamentales de la naturaleza, que son consideradas como cuatro: gravitación, la fuerza nuclear fuerte, la fuerza nuclear débil y la electromagnética.[…]

e a nosa interacción, ¿onde a encaixamos?

[…] In the late 1990s, it was noted that one problem with several of the candidates for theories of everything (but particularly string theory) was that they did not constrain the characteristics of the predicted universe. For example, many theories of quantum gravity can create universes with arbitrary numbers of dimensions or with arbitrary cosmological constants. […]

A speculative solution is that many or all of these possibilities are realised in one or another of a huge number of universes, but that only a small number of them are habitable. […]

Theory of Everything (Wikipedia EN)

Teoría del Todo (Wikipedia ES)

Todo baixo o influxo de Love is like a bottle of gin dos Magnetic Fields, a serie de documentais The Elegant Universe e o que me ronda na cabeza.

Tagged with:

Explicación

Posted in do que penso by spav on 7 Maio, 2008

Estes días, cada vez que dou 3 pasos fora do meu piso páranme a preguntar qué me pasou. Joder, que non teño lupus nin nada raro, so o pé escarallado. Por iso paso a dar unha breve explicación dos feitos, o seguinte que me pregunte mándolle un mail co link, que xa estou farto…

Estaba mantendo unha agradable conversa con Javier R.I. no seu despacho da ESEI a iso das 21:00, dato: eu coas pernas cruzadas. Na conversa xurde un tema de pseudociencia moi molesto para min, uns carteis pegados por toda a facultade. Levantámonos a buscar os cartaces que lle comentara e decátome que teño a perna durmida, doulle 2 golpes e póñome a andar.

Fora do despacho, non vemos os cartaces, co que recuamos para voltar ás sillas. Eu dou un paso atrás co pe esquerdo e tropezo coa columna, o meu pé dereito non fixo o mesmo, e arrastrouse en lugar de dar o paso, co que ó apoiar o corpo sobre o dito pé escoitei tres triscazos e cain redondo ó chan.

En cuestión de 10 segundos tiña unha bola do tamaño dun puño no nocello. Non lle din importancia, pero ó marchar para o piso dinme conta de que non era boa cousa. Chamada a unha amiga e tira para urxencias. De urxencias ó CHOU (o Centro Hospitalario de Ourense) e do CHOU a casa cunha célula de escaiola durante 15 días…polo menos.

E este é o resultado…

Tagged with: , , ,

Reflexións dun lisiado temporal (II)

Posted in do que penso by spav on 4 Maio, 2008
  • Quen queira que deseñe muletas (e que viva profesionalmente diso) merece unha morte lenta de dolorosa non sen antes pasar unha fase na que se lle reproduzan milleiros de ampollas nos xenitais.
  • As noces bañadas en chocolate do Chocolat Factory son o mellor descubrimento en séculos.
  • O chocolate de sabores, tamén!.
  • Pasaría horas diante do Youtube. Remembering momentos moi freaks de internet.
  • O mundo sen enfermeiras sería…insufrible.

Wait in line ‘till your time

Posted in do que escoito by spav on 1 Maio, 2008

Como lle dixera a ascarida, fixen a miña pequena recopilación na miña cinta de muxtape ó vello estilo das cintas caseiras grabadas para os colegas, xa non lembraba o complexo que era cadrar 12 temas en tan pouco sitio…estas son as escollidas:

  1. Zero 7 – In the waiting line
  2. July Skies – Waiting to land
  3. Vacabou – Iceland
  4. Portishead – The rip
  5. Sibylle Baier – Forguet about
  6. Cocteau Twins & Aphex Twin – Let me fish loose
  7. This Will Destroy You – Threads
  8. Islaja – Rukki
  9. Stateless – Bloodstream
  10. Jessica Bailiff – Down
  11. RF & Lili de la Mora – Fascinated
  12. Eluvium – Prelude for time feelers

O título ven da primeira canción. Temazo. Desfrutádeo.

Tagged with: , ,

Reflexións dun lisiado temporal

Posted in do que fago, do que penso by spav on 1 Maio, 2008

Torcín o nocello e estou escaiolado ata o xeonllo. Estou tirado na cama (xa levo un día) dame tempo a pensar, e tempo para pensar é o peor que se lle pode dar a un hiperactivo coma mín. E dese tempo saco perlas de estupidez humanas como as que seguen:

  • Quen queira que fose o que dixo que un día ten 24 horas era un bastardo que non sabía do que falaba. Un día ten 86400 interminables segundos de agonía e postración.
  • A xente eu aprendo máis atallos de teclado cando estou con movilidade reducida. O resto da xente faino por axilidade segundo me chiva a miña enfermeira por gtalk.
  • Coas muletas pasa exactamente igual que cos balóns de nivea de Piedrahita, só existen uns poucos no mundo e vanse rulando.

Mañán máis, ou non, estou pensando niso da eutanasia polo paralelismo obvio con Don Ramón.