verbas

Teoría do pintalabios

Posted in do que penso by spav on 29 Setembro, 2008

A teoría do pintalabios foi enunciada por Leonard Lauder, presidente e dono de Estee Lauder, empresa cosmética archicoñecida.

A teoría económica que expuxo trata de explicar as crises económicas en base ás ventas dun determinado cosmético, o pintalabios. Leonard expuxo que en tempos de crise económica na súa empresa aumentan as ventas de pintalabios, explíacao aducindo que as mulleres sinten esa necesidade de “sentirse guapas” e, ante a falta recursos económicos, mércase en maior medida este producto. Foi enunciada aló polo 2001, pouco despois da crise económica xerada a raíz da caída das Torres Xemelgas de New York.

O curioso é que o persoaxe non fose un todólogo deses que saen nos periódicos os domingos; é moi dado opinar dalgo que non se ten puta idea e non aportar datos empíricos, facendo tal feito imposible de demostrar polo método científico, ou, o que é peor, apoiándoo con estatísticas/estudios de mercado/estudios sociolóxicos e pseudo ciencias polo estilo que a xente dixire e cre coma se dun padrenuestro se tratase. Persoalmente, paréceme unha basura machista.

3 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. Cesare said, on 30 Setembro, 2008 at 21:26

    Alaaaa… creo que vostede pasa demasiado tempo en Chuza! :D

  2. Spav said, on 30 Setembro, 2008 at 21:34

    Non o topei en Chuza, nútrome dunha fonte máis underground, o NY Times. O link está para suscriptores só :_

  3. Gatonegro said, on 15 Outubro, 2008 at 22:28

    Penso que o seu artigo está errado no enfoque, e penso que isto se evidencia especialmente na última frase.

    Que o comentario de Estee Lauder sexa machista ou non é tema de debate e, polo tanto, non me interesa. Pero o que hai detras da sua afirmación e da reacción de vostede á de aquel sí que me parece interesante: penso que os dous están a avaliar a sociedade por como creen ou lles gustaría crer que é.

    Explícome: se realmente (ollo ó condicional) se venden mais pintalabios cando hai grandes crises é un feito que se pode comprobar doadamente, e polo tanto non admite debate. Dado que os pintalabios teñen poucas utilidades mais aló do que o servir de maquillaxe (e dado que, con excepcións cada vez maiores, pero aínda escasas) as usuarias de pintalabios son normalmente mulleres, penso que é correcto asumir que as mulleres mercan mais pintalabios en tempos de crise pra se enfeitaren mais.

    Penso tamén que é bastante razoable resumir o anterior con “precisan sentirse guapas” (porque senón, pra qué é o maquillaxe?).

    Vostede salta dicindo que é basura machista. Ben, eu estou dacordo en que unha sociedade onde as mulleres, en tempos de crise, precisen sentírense guapas é unha sociedade que non aprecia ás mulleres como debe — e ónde as mulleres (ollo! as propias mulleres) non se aprecian a sí mesmas como deben. Chámelle machista, se quere.

    Pero o feito innegable é que iso pasa. Polo tanto, a nosa sociedade é unha sociedade machista. Punto.

    Logo non ten sentido desbota-lo argumento de Lauder dese xeito, porque anque reflexe algo que non nos gusta — que a sociedade non está socialmente madura e avanzada —, é un feito.

    O que sí poderíamos argumentar en contra do señor Lauder é o seguinte:

    1) Que se a tese esta a propuxo en 2001, logo das Torres Xemelgas, e agora a ratifica ca crise económica mundial, está a tirar conclusións de dous datos, polos que sempre pasa unha recta. Iso non é moi científico, que digamos (salvo que teña mais datos da historia de ventas da sua empresa, pero iso non se di).

    2) Que mesmo se é correcto, é un dato descriptivo, anecdótico, curioso pero inútil: o consumo de pintalabios non nos serve pra predicir unha crise porque comezan a se consumir cando a crise xa está en marcha. En todo caso, serven para caracterizala (consumense pintalabios, ergo crise), pero penso que hai marcadores de crise mais interesantes.

    3) Que (e isto xa non toma tanto co método coma co fondo do argumento) se as mulleres precisan consumir mais produtos de maquillaxe en tempos de crise é, en boa medida, produto da industria da maquillaxe e do tipo de publicidade que emprega (non semellante, por outra banda, da da moda ou así).

    Destaco este último punto porque penso que unha vez que excluímos a utilidade da teoría (o que fixemos nos puntos 1 e 2) o único que queda é a reflexión sobre o por qué, e non xa polo como. O por qué se consumen mais pintalabios… e a resposta, señores, penso que a sabemos todos.

    Entón, resulta que este comentario meu (ademais de longo) é bastante inútil tamén.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: