verbas

Dolph Lundgren presidente

Posted in do que fago by spav on 26 Outubro, 2008

Domingo moi resacoso é sinónimo de pelis de sofá. Na comuna No piso propuxémonos ver a película máis cutre que tíñamos mercada baixada,  velaquí as candidatas: Doomsday, Diamond Dogs “aka” Deudas de Sangre, AVPR: Aliens vs. Predators – Requiem, Babylon A.D. Finalmente decantámonos por Diamond Dogs e a grandiosidade interpretativa do meu admirado Dolph Lundgren.

Non vou afondar nos detalles desa obra maestra da filmografía universal que nos brindou o seu director, Shimon Dotan. Só dicir que o seu estilo, lirismo cinematográfico, encuadres, son memorables, todo isto faría repensar a Lars Von Trier a súa teoría revolucionaria. Seguro que mesmo a Godard lle saltaría algunha bágoa.

Recomendo encarecidamente un pase de calquera película da excelsa filmografía lundreniana.

GalizaID III [da forma]

Posted in do que penso by spav on 16 Outubro, 2008

O que segue é a terceira parte da serie de posts que achega a miña opinión e, espero que feedback acerca de GalizaID.

Unha vez comentado no post anterior a diferencia entre beta pública e beta privada, pasamos ó seguinte peldaño. Para que toda aplicación (principalmente web) poida obter un feedback ó sacar unha beta pública da mesma necesítase manter algo así como unha liña aberta co usuario é dicir, un mail de contacto co equipo de desenvolvemento. Isto é algo básico á hora de poñer a rodar unha aplicación en beta pública, e de poñelo accesible e agradable de usar asegura gran cantidade de información sobre erros moi útil para o equipo de desenvolvemento. Poñerse en contacto cun dos desenvolvedores polo mail de contacto do seu blog non é xeito de facer as cousas. Facelo nos comentarios dunha rede social tampouco. Obviamente, facelo vía Twitter como fixen eu tampouco, é ahí onde cada ún pode ver o meu particular sentido do humor ;-)

Lin nos chíos que para ver a última versión en beta pública de GalizaID teño que escribir unha IP na barra de direccións. Obviando que é algo inusable totalmente; isto é erro de beta privada, nunha beta pública é algo bastante vergoñento e pouco profesional. Xa que logo se ten este problema, é de profesionais comunicalo polas canles debidas: mail ós usuarios rexistrados, nota na web indicando a IP correcta, etc.

Centrándome no deseño

Ó completar o perfil de galizaID teño, na ventá principal da aplicación (pestana de perfil), un rebumbio de caixas (cada caixa cunha cor asociada a un servizo), pero…¿que amosan? ¿a de flickr que amosa? ¿as miñas fotos preferidas? ¿as últimas engadidas ou as primeiras?. Na caixa correspondente ó last, ¿son os últimos temas escoitados? ¿os meus favoritos?…e así con cada unha das caixas. Isto é, falta de especificación do contido.

Seguindo co tema do deseño usable, é un erro visualizar algo que non existe; logo, se eu non teño dado de alta un blog no meu perfíl de GalizaID, ou unha conta en twitter, ou un last.fm ¿porqué se visualiza no perfil amosando un desagradable “Non ten un usuario en…” ?. O máis lóxico sería tender cara a simplicidade.

Non é algo común nunha aplicación mínimamente profesional un trato que incomode ó usuario. Estoume referindo a que (na versión nova da web) cada usuario conta cun apartado para deixar Notiñas e ver os seguidores ou amigos que ten en GalizaID. Na miña conta propia podo ler que teño unha soa notiña e un seguidor. Sei que non conto con moitos amigos, e que a xente non me fala moito, pero é unha boa práctica de cara ó usuario que o sistema non lle lembre que é un asocial ou que ninguén o quere. Pode ser un matiz subxetivo, seino, pero non deixa de ser algo chamativo (e non para ben). Resumindo, o trato ó usuario ten que coidarse, é sagrado.

Máis polo miudo, o ton de gris usado nas notiñas e nos recadros é bastante incómodo, xa que fai pouco contraste co blanco de fondo e complica a súa lectura (e non, non uso gafas). Algo parecido lle sucede ás miniaturas dos seguidores, son obxetivamente pequenas comparadas co impacto visual das caixas de cores grandes da parte superior. Non vou falar de armonía nin cousas así, básicamente porque non son deseñador profesional.

Outro detalle bastante molesto visualmente de cara ó usuario é falta de consistencia visual. O header (e con él o logo de GalizaID) ten que manter unha unicidade en toda a aplicación; isto é: se se decide poñer neste sitio, ten que quedar nese sitio ó longo de toda a miña navegación por GalizaID. É unha cousa sumamente molesta o feito de que o logo e o header se mova (inda que tan só sexan uns píxeles). Seguro que para vos, tamén ;-)

Gustaríame ter apoiado todo isto con capturas, para que resultase algo máis visual e fácilmente identificable, pero coido que me expliquei ben, e, ademáis, son bastante vago ;-)

Conclusións

Ó longo dos meus tres posts tratando o tema de GalizaID non pretendín sacar as cores a ninguén, menospreciar ningún traballo e moito menos faltar ó respeto (ó contrario do que algún fixo).

Si foi, en cambio, a miña intención chamar a antención con este caso (un máis) no que queda patente a falta de profesionalidade no que se deu en chamar rede galega. E, unha vez máis, non me veñades dicindo que tiro pedras contra o noso tellado, que non fago país, ou topicazos polo estilo. Se unha cousa está mal feita é boa práctica dicir onde está mal, e se se sabe, como solucionala para que a próxima vez se faga mellor; así avánzase. Na miña opinión, isto sí é facer país; deixemos de lambernos os cus inda que o que fagamos sexa unha cagada só porque somos veciños. Isto, na miña opinión, é derivado desa mentalidade de creernos enfermizamente inferiores e que deste xeito axudamos a manter. Pero isto xa é fariña doutro costal.

Unha vez máis, sen acritude.

GalizaID II [da forma]

Posted in do que penso by spav on 15 Outubro, 2008

No anterior post centreime no fondo da aplicación web GalizaID e nas súas capacidade e o que pretende solventar. Nesta parte tratarei a forma da aplicación o máis obxetivamente posible. É por isto que se trata de algo máis cuantizable e que podo tratar punto por punto.

  1. Unha beta, por moi beta que sexa, é beta de funcionalidade, non beta de deseño. Esto é, se hai algo que nas betas privadas non se consegue depurar, ben porque é raro, ben porque necesítase un feedback maior e gratuíto, sácase unha beta pública, pero para chegar a unha beta pública a funcionalidade ten que estar definida case na súa totalidade. En canto ó sentido dunha beta pública que centre o feedback no deseño serve para obter opinións o máis variadas e numerosas posibles sobre como se adapta ós usuario o deseño dun compoñente ou o sistema na súa totalidade e traballar sobre este deseño para melloralo (descontando o limpar e pulir alguns erros menores). Unha beta pública non serve para tratar de arranxar un sistema gracias ó que aporten os feedbacks. Unha beta pública tampouco é para definir ou arranxar o 30% do deseño dunha aplicación web. Exemplos: Gmail é beta, o redeseño de last.fm tamén estivo en beta, flickr estivo moito tempo en beta, é común a todas elas que a funcionalidade estaba 100% definida e no canto do deseño faltaban por pulir detalles nimios.
  2. GalizaID 2008, algúns dereitos reservados. ¿Qué dereitos? ¿Baixo qué licenza se topa GalizaID?
  3. O apartado d) das normas de participación de GalizaID dí (textualmente): Difamar ou calumniar a empresas, colectivos, ONGs, ou calquera outro grupo de individuos. Vamos, por favor….se nos pasamos difamando a empresas todo o día en Chuza, nos Chios, en Lareta, en Twitter, etc… en fin, sen comentarios.
  4. O apartado a) do contido para adultos especifica: Avatares (imaxe identificativa do usuario) que sexan sexuais ou altamente eróticos. ¿E isto quén o decide?, ¿a Santa Sede?. Esto, non é por nada pero é do máis subxetivo do mundo ;-)
  5. Ao rexistarse o usuario acepta que galizaID poderá enviar ao seu correo electrónico boletíns informativos que inclúan publicidade. Xenial, unha persoa que se decida rexistrar en GalizaID pode que se lle moleste con publicidade no medio de información sobre a ferramenta. Moi profesional.

Ata aquí por hoxe, estou bastante canso. Mañá rematarei cunha terceira entrega tamén dedicada á forma de GalizaID

GalizaID I [do fondo]

Posted in do que penso by spav on 15 Outubro, 2008

Prefacio

O Estraviz fala de académico-a da seguinte maneira:

(4) Falando de obras de arte, correcto e frio. Do estilo de falar e escrever: correcto e com expressões nom correntes na linguagem ordinária.

E iso é o que levo a facer toda a tarde no meu twitter, ser correcto á hora de expoñer uns feitos sobre unha obra (en palabras de @andresmilleiro, un dos artellantes), iso é academicidade, nettiqueta, ou simplemente experiencia na rede, que un non é un puber nisto como algún cre. ¿O contrario disto?, serei gentleman e non o calificarei ;-)

Os feitos

Parta isto da miña máis sinceira opinión, e por favor, fagan o favor de non usar unha opinión como arma arroxadiza alegando cousas como a típica xente coma min é a que tira os proxectos galegos a baixo e demáis, e topicazos polo estilo. As cousas son viables ou non o son tanto sexa Galicia ou sexa Valhalla. PUNTO.

GalizaID [ei linko, ahí tedes + publicidade ;-)] é segundo as FAQ dos artellantes como “un sistema de identificación dixital descentralizado”. O que ven sendo, unha localización do servizo OpenID. Para ser máis ilustrativo, é algo así como o que Chuza! é a Menéame.

E neste punto xúrdeme a primeira dúbida: ¿qué me aporta GalizaID que non me aporte outro servizo da web (o propio OpenID, Netvibes, Protopage, etc?. Ollo!, que non se me malinterprete, por esa regra, pódese pensar que Chuza! tampouco aporta nada, pero non é así, Chuza ven a cubrir un nicho, unha comunidade máis ou menos cohesionada de xente.

¿Integración?… ¿De qué me serve ó ritmo ó que se move a internet? (alzas e baixas de sistemas de publicación, novos servizos, modas, etc) o máis fácil é que non tarde medio ano en quedar obsoleto.Unha posible solución podería ser ir integrando todos eses novos servizos exitosos que se vaian creando na web, pero plantexa dous problemas:

  1. A un número excesivo de usuarios o servizo deixa de ser obxetivamente usable, é dicir, deixa de cumplir o seu cometido de aunar todos os perfis nun só para volverse incómoda de usar debido á gran cantidade de información en pouco espacio. Isto é un problema do que adolece gran número de webs corporativas.
  2. GalizaID, se non estou errado, toma os datos de cada un dos servizos nos que o usuario teña conta, isto pode provocar unha sobrecarga excesiva da páxina. Pódese atallar con máis potencia de cálculo (mala opción) ou alixeirando de servicios o sistema (indo en contra da pretendida integración).

Por outra banda, a internet está claramente ollando cara o mundo mobil, sexan smartphones, iphones ou calquera outro tipo de sistema mobil hai un gran número de servicios web que tratan de cubrir esa necesidade (Chuza! sen ir máis lonxe conta cunha versión para mobil). GalizaID non está adaptada para ser usada nun dispositivo desas características simplemente porque o que pretende non é viable (alo menos de xeito usable) nun mobil. Unha pena, xa que o que pretende cubrir un servizo como GalizaID sería máis útil no mundo da mobilidade, é dicir, xusto onde se lle ve unha boa utilidade, falla.

Conclusión

Neste post tratei de dar unha opinión sobre o fondo da ferramenta, no vindeiro post tratarei a forma, ó igual que neste post tratarei de que sexa o máis académicamente posible e con educación, como fixen ata o de agora. Ditas opinións quero remarcar que se fixeron en calidade de usuario, non como desenvolvedor do propio servizo, nin sequera como betatester ;-).  Darlle a noraboa polo traballo (que sei que é moito) ós desarrolladores e animar dende aquí ós usuarios a que den a súa opinión polo sitio que queirades (en palabras de Andrés Milleiro, espero que non se queixe se non o enviades ó mail a tal efecto).

Sen acritude

Tagged with: , ,

División da diversión

Posted in do que escoito by spav on 13 Outubro, 2008

Fixándome nos moitos videos de youtube e material sonoro en directo doume conta dunha cousa en común entre todos. Todo o testimonio que existe dun grupo como Joy Division é malérrimo, non chega a uns mínimos de calidade sonora ou visual esixibles. ¿Porqué?, naquel tempo xa pululaban Rolling Stones ou os Beatles por ahí e o seu legado ten unha calidade infinitamente mellor. ¿Será que estarán un pouco olvidados?. Triste pero certo. Por certo, o video é un directo de mala calidade na que tocan Transmission, logo unha entrevista e por último She’s Lost Control, canción que, por certo influiume máis que calquera mamarrachada de let it be ou caralladas polo estilo…

Apple as spam company

Posted in do que penso by spav on 8 Outubro, 2008

Estou farto. Nos últimos 15 días recibín 7 mails para que me compre algún producto de Apple, cando fai un tempo o normal era recibir un mail ó mes (como moito). Definitivamente Apple está rozando o spamming vía mail. É impropio dunha empresa como Apple, que sempre se distinguiu polo trato exquisito co cliente que me moleste de tal xeito. Xa non hai respeto polos usuarios (se é que algunha vez existiu tal cousa).

¿Porqué este cambio de estratexia? ¿Terá algunha relación coa situación económica actual? ¿Estarán á desesperada?

Tagged with: , ,

Propaganda

Posted in do que escoito by spav on 6 Outubro, 2008

A canción, Dr. Mabuse, o video, de Anton Corbijn. Historia do synthpop alemán, e con referencias cinéfilas. Case nada