verbas

GalizaID I [do fondo]

Posted in do que penso by spav on 15 Outubro, 2008

Prefacio

O Estraviz fala de académico-a da seguinte maneira:

(4) Falando de obras de arte, correcto e frio. Do estilo de falar e escrever: correcto e com expressões nom correntes na linguagem ordinária.

E iso é o que levo a facer toda a tarde no meu twitter, ser correcto á hora de expoñer uns feitos sobre unha obra (en palabras de @andresmilleiro, un dos artellantes), iso é academicidade, nettiqueta, ou simplemente experiencia na rede, que un non é un puber nisto como algún cre. ¿O contrario disto?, serei gentleman e non o calificarei ;-)

Os feitos

Parta isto da miña máis sinceira opinión, e por favor, fagan o favor de non usar unha opinión como arma arroxadiza alegando cousas como a típica xente coma min é a que tira os proxectos galegos a baixo e demáis, e topicazos polo estilo. As cousas son viables ou non o son tanto sexa Galicia ou sexa Valhalla. PUNTO.

GalizaID [ei linko, ahí tedes + publicidade ;-)] é segundo as FAQ dos artellantes como “un sistema de identificación dixital descentralizado”. O que ven sendo, unha localización do servizo OpenID. Para ser máis ilustrativo, é algo así como o que Chuza! é a Menéame.

E neste punto xúrdeme a primeira dúbida: ¿qué me aporta GalizaID que non me aporte outro servizo da web (o propio OpenID, Netvibes, Protopage, etc?. Ollo!, que non se me malinterprete, por esa regra, pódese pensar que Chuza! tampouco aporta nada, pero non é así, Chuza ven a cubrir un nicho, unha comunidade máis ou menos cohesionada de xente.

¿Integración?… ¿De qué me serve ó ritmo ó que se move a internet? (alzas e baixas de sistemas de publicación, novos servizos, modas, etc) o máis fácil é que non tarde medio ano en quedar obsoleto.Unha posible solución podería ser ir integrando todos eses novos servizos exitosos que se vaian creando na web, pero plantexa dous problemas:

  1. A un número excesivo de usuarios o servizo deixa de ser obxetivamente usable, é dicir, deixa de cumplir o seu cometido de aunar todos os perfis nun só para volverse incómoda de usar debido á gran cantidade de información en pouco espacio. Isto é un problema do que adolece gran número de webs corporativas.
  2. GalizaID, se non estou errado, toma os datos de cada un dos servizos nos que o usuario teña conta, isto pode provocar unha sobrecarga excesiva da páxina. Pódese atallar con máis potencia de cálculo (mala opción) ou alixeirando de servicios o sistema (indo en contra da pretendida integración).

Por outra banda, a internet está claramente ollando cara o mundo mobil, sexan smartphones, iphones ou calquera outro tipo de sistema mobil hai un gran número de servicios web que tratan de cubrir esa necesidade (Chuza! sen ir máis lonxe conta cunha versión para mobil). GalizaID non está adaptada para ser usada nun dispositivo desas características simplemente porque o que pretende non é viable (alo menos de xeito usable) nun mobil. Unha pena, xa que o que pretende cubrir un servizo como GalizaID sería máis útil no mundo da mobilidade, é dicir, xusto onde se lle ve unha boa utilidade, falla.

Conclusión

Neste post tratei de dar unha opinión sobre o fondo da ferramenta, no vindeiro post tratarei a forma, ó igual que neste post tratarei de que sexa o máis académicamente posible e con educación, como fixen ata o de agora. Ditas opinións quero remarcar que se fixeron en calidade de usuario, non como desenvolvedor do propio servizo, nin sequera como betatester ;-).  Darlle a noraboa polo traballo (que sei que é moito) ós desarrolladores e animar dende aquí ós usuarios a que den a súa opinión polo sitio que queirades (en palabras de Andrés Milleiro, espero que non se queixe se non o enviades ó mail a tal efecto).

Sen acritude

Tagged with: , ,

4 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. frandieguez said, on 15 Outubro, 2008 at 21:22

    Ben querido editor do blogue, son o programador de GalizaID e voulle a expor algunhas sentenzas que polo menos xustifiquen o traballo que levo feito nesta última tempada, e que polo menos para porlle un ton humán como queremos que teña GiD (dentro do que a rede posibilite):

    1.- Segundo o que acaba de escribir pon en dúbida moitos dos desenvolvementos informáticos que hai hoxe en día, onde se non estás involucrado no desenvolvemento deles non se sabe o nivel de escalabilidade que poden chegar a acadar.
    Primeiramente podemos destacar a filosofía de GiD, descentralizado, recollendoo das entrañas de OpenID.
    Existen pois sistemas de caché moi empregados en servizos de alta concorrencia (linkedin.com) que funcionan ás mil maravillas, vexa memcached (http://www.danga.com/memcached/), que ofrecen un sistema de escalabilidade con un dispoñibilidade limitada de recursos.
    No caso particular de galizaID o 50% do tempo de desenvolvemento foi de optimización, acadando finalmente unha media de 160 peticións segundo por instancia, é decir, 160*60 segundos 9600 peticións por minuto, 576000 peticións por hora
    Agora mesmo só cunha sóa instancia da aplicación, correndo nunha slice de 256 megas e empregando como o alabado e optimizadisimo servidor inverso nginx (nginx.net), o mellor sen dúbida para servir dende caché e ficheiros estáticos. Sempre claro está acotado ó erro humán lóxicamente.
    Por outra banda e para os ficheiros estáticos, aínda que a longo prazo se pode incluír en GiD un CDN como o ofertado por Amazon, S3, que axuda e moito na baixada de carga do sistema.
    En canto a base de datos medre o suficiente como para facer as consultas lentas integrarei sphinx (http://www.sphinxsearch.com/), no cal tamén teño experiencia, e podo recomendar a todos o que me pregunten.
    O servidor de OpenID (protocolo) de GalizaID (implementación) polo tanto espera recoller bastantes peticións e poder aguantar altos niveis de concorrencia, (ou iso espero, sinceramente).
    Ademáis o desenrrolo de galizaid está baseado en TDD (Test Driven Development) e empregando finalmente Profiling para a optimización.

    2.- Para concordar pois cos mesmos puntos que escribeu enriba, a resposta é a mesma. Caché, caché, caché.

    En canto ó tema exposto do cambio e migración de usuarios a terminais móbiles, podo garantir que polo nadal haberá unha versión para wap, xa que os motivos expostos por vostede concordan bastante cos meus. Aínda que non suporía moito a nivel aplicación, xa que GiD está desenvolvida con un sistema Modelo-Vista-Controlado no cal é moi sinxelo cambiar a apariencia externa. Terei por tanto que romperme os cornos a nivel usabilidade para garantir que a experiencia de usuario de GiD sexa óptima en dispositivos móbiles.

    Esperemos que o usuario da rede galega empregue polo menos ó nivel que esperamos o noso servizo, e se non é así pois seguiremos desenvolvendo cousas para non ter que ver a cutre-televisón que nos queren impor.

    Saúdos e grazas pola reseña e polos seus comentarios, a veces da gusto ler algo de crítica constructiva e exposta con palabras limpas

  2. Spav said, on 15 Outubro, 2008 at 22:30

    Respondendo

    1- Sí, poño en dúbida moitos dos desarrollos web de hoxe en día. É máis, sentencio que non están feitos profesionalmente, senon ‘a ver que pasa’ e despois tópanse con que teñen algo de afluencia…e pasa o que pasa, rompe por todos os lados. Que poñas como exemplo linkedin.com é dos máis significativos do panorama, algo que non estaba previsto para un uso tan intensivo (en USA) e que finalmente é un fiasco de cara ó usuario, pero non son os únicos, myspace, fotolog.com, etc. Que teña sona non quere dicir que sexa un proxecto ben feito.

    2- A estas alturas traballar cunha tecnoloxía de caché é un atraso. Preguntádello á xente de twitter.

    3- Está moi ben todos os números que fixeches. Agora vai a xunto de Berto, por poñer un exemplo, e verás como seguro se rí de tí. Se o servizo vai arriba desbordarase, esto é así, é un axioma, e mellor que as cousas sexan lixeiras dende un inicio. Por outro lado, que pasa ¿se decidides medrar os servizos dos que recolledes info para non quedar obsoletos?

    4- Unha versión en WAP estaba moi ben en 1999.

    5- A nivel usabilidade non te vas ter que romper cornos ningúns se falas de WAP…

    6- MVC sinxelo de cambiar a apariencia, sí…en teoría. Verás como tamén vas ter que tocar algo de controlador, e dirás, hostia, pero se esto podese facer así, e rematarás por tocar o modelo tamén. Isto último póñocho por escrito se queres.

    NOTA: No post dixen que falaba como usuario, obviamente, falo como usuario pero con coñecemento de desarrollador de aplicacións.

    Saúdos. En breve o que opino sobre a forma.

  3. frandieguez said, on 15 Outubro, 2008 at 23:09

    pois entón ogallá sailan as cousas tan mal como para que me coma as palabras e deixe definitivamente o desenrrolo de apps e comece a vida de campo, que certamente é mais agradecido.

    estás no certo foiseme a palabreja wap, unha burrada como un mundo.

    en fin, que non teño ganas de seguir a discusión. aburiño

  4. Spav said, on 15 Outubro, 2008 at 23:58

    Bueno, tampouco é como para poñerse tan extremistas. Eu contentaríame con que durase algo máis que Trebellos, por exemplo.

    Xa supuxen que se te fora o de WAP, pero é que clamaba un pouco ó ceo ;)

    Eu por hoxe tamén dou por rematado, mañá máis.

    Saudos


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: