verbas

GalizaID III [da forma]

Posted in do que penso by spav on 16 Outubro, 2008

O que segue é a terceira parte da serie de posts que achega a miña opinión e, espero que feedback acerca de GalizaID.

Unha vez comentado no post anterior a diferencia entre beta pública e beta privada, pasamos ó seguinte peldaño. Para que toda aplicación (principalmente web) poida obter un feedback ó sacar unha beta pública da mesma necesítase manter algo así como unha liña aberta co usuario é dicir, un mail de contacto co equipo de desenvolvemento. Isto é algo básico á hora de poñer a rodar unha aplicación en beta pública, e de poñelo accesible e agradable de usar asegura gran cantidade de información sobre erros moi útil para o equipo de desenvolvemento. Poñerse en contacto cun dos desenvolvedores polo mail de contacto do seu blog non é xeito de facer as cousas. Facelo nos comentarios dunha rede social tampouco. Obviamente, facelo vía Twitter como fixen eu tampouco, é ahí onde cada ún pode ver o meu particular sentido do humor ;-)

Lin nos chíos que para ver a última versión en beta pública de GalizaID teño que escribir unha IP na barra de direccións. Obviando que é algo inusable totalmente; isto é erro de beta privada, nunha beta pública é algo bastante vergoñento e pouco profesional. Xa que logo se ten este problema, é de profesionais comunicalo polas canles debidas: mail ós usuarios rexistrados, nota na web indicando a IP correcta, etc.

Centrándome no deseño

Ó completar o perfil de galizaID teño, na ventá principal da aplicación (pestana de perfil), un rebumbio de caixas (cada caixa cunha cor asociada a un servizo), pero…¿que amosan? ¿a de flickr que amosa? ¿as miñas fotos preferidas? ¿as últimas engadidas ou as primeiras?. Na caixa correspondente ó last, ¿son os últimos temas escoitados? ¿os meus favoritos?…e así con cada unha das caixas. Isto é, falta de especificación do contido.

Seguindo co tema do deseño usable, é un erro visualizar algo que non existe; logo, se eu non teño dado de alta un blog no meu perfíl de GalizaID, ou unha conta en twitter, ou un last.fm ¿porqué se visualiza no perfil amosando un desagradable “Non ten un usuario en…” ?. O máis lóxico sería tender cara a simplicidade.

Non é algo común nunha aplicación mínimamente profesional un trato que incomode ó usuario. Estoume referindo a que (na versión nova da web) cada usuario conta cun apartado para deixar Notiñas e ver os seguidores ou amigos que ten en GalizaID. Na miña conta propia podo ler que teño unha soa notiña e un seguidor. Sei que non conto con moitos amigos, e que a xente non me fala moito, pero é unha boa práctica de cara ó usuario que o sistema non lle lembre que é un asocial ou que ninguén o quere. Pode ser un matiz subxetivo, seino, pero non deixa de ser algo chamativo (e non para ben). Resumindo, o trato ó usuario ten que coidarse, é sagrado.

Máis polo miudo, o ton de gris usado nas notiñas e nos recadros é bastante incómodo, xa que fai pouco contraste co blanco de fondo e complica a súa lectura (e non, non uso gafas). Algo parecido lle sucede ás miniaturas dos seguidores, son obxetivamente pequenas comparadas co impacto visual das caixas de cores grandes da parte superior. Non vou falar de armonía nin cousas así, básicamente porque non son deseñador profesional.

Outro detalle bastante molesto visualmente de cara ó usuario é falta de consistencia visual. O header (e con él o logo de GalizaID) ten que manter unha unicidade en toda a aplicación; isto é: se se decide poñer neste sitio, ten que quedar nese sitio ó longo de toda a miña navegación por GalizaID. É unha cousa sumamente molesta o feito de que o logo e o header se mova (inda que tan só sexan uns píxeles). Seguro que para vos, tamén ;-)

Gustaríame ter apoiado todo isto con capturas, para que resultase algo máis visual e fácilmente identificable, pero coido que me expliquei ben, e, ademáis, son bastante vago ;-)

Conclusións

Ó longo dos meus tres posts tratando o tema de GalizaID non pretendín sacar as cores a ninguén, menospreciar ningún traballo e moito menos faltar ó respeto (ó contrario do que algún fixo).

Si foi, en cambio, a miña intención chamar a antención con este caso (un máis) no que queda patente a falta de profesionalidade no que se deu en chamar rede galega. E, unha vez máis, non me veñades dicindo que tiro pedras contra o noso tellado, que non fago país, ou topicazos polo estilo. Se unha cousa está mal feita é boa práctica dicir onde está mal, e se se sabe, como solucionala para que a próxima vez se faga mellor; así avánzase. Na miña opinión, isto sí é facer país; deixemos de lambernos os cus inda que o que fagamos sexa unha cagada só porque somos veciños. Isto, na miña opinión, é derivado desa mentalidade de creernos enfermizamente inferiores e que deste xeito axudamos a manter. Pero isto xa é fariña doutro costal.

Unha vez máis, sen acritude.

3 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. Manu said, on 16 Outubro, 2008 at 15:01

    A cousa é, ¿Ti que proxectos tes na rede en galego? Mais que nada para botarlle unha ollada…

  2. Spav said, on 16 Outubro, 2008 at 15:34

    Na rede pública ningún, coido.

    ¿queres que che enumere os que teño feitos para intranets, principalmente da Universidade de Vigo?

  3. ghanito said, on 18 Outubro, 2008 at 12:02

    Non concordo coas críticas, simplesmente porque non probei ainda GalizaID e ademais non posúo o nível preciso para facer unha crítica seria do servizo. Por iso non podo opinar sobre a web.
    Porén, o que teño claro é que non é preciso ser un gran desenvolvedor para poder criticala. O mesmo que non é preciso ser cineasta para facer crítica de cinema, nin novelista para facer crítica literaria.
    Ese ataque ‘ad hominem’ é un erro. Semella que o que o fai non ten argumentos para rebatir as críticas e só lle queda o ataque a quen as fai.
    Manu, non sei se a crítica que fai Spav é acertada ou non, mais ti estás a convertila en boa pedindo ó que critica exemplos de que o fai mellor.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: