verbas

Poñéndome ó día (III)

Posted in do que ollo by spav on 18 Novembro, 2008

Ou de como ser un FNAC junkie podería chamar a este post. Voltei a arrasar coa FNAC. Desta vez nada de música, pero sí 3 bos libros.

“Annie Hall” de Woody Allen ed. Tusquets. Son os diálogos da película compilados, o guión, vaia. Para min imprescindible, por iso en canto o topei xa nin o mirei, metino na cesta.

Alan Turing, El hombre que sabía demasiado” de David Leavitt, ed. Antoni Bosch. Bueno, permitinme esta pequena delicatessen geek para saber algo máis da vida e obra dun dos pais da informática moderna e da criptografía. Como aliciente, foi un atormentado, principalmente polo maltrato sufrido pola súa opción sexual.

El Curioso Caso de Benjamin Button” de F. Scott Fitzgerald, ed. Lumen. De Fitzgerald xa paladeei El Crack Up (ed. Anagrama). Scott Fitzgerald ten unha prosa incriblemente adictiva, amosando as miserias e luxos dos vertixinosos anos vinte americanos, desta vez nunha amalgama de relatos curtos titulado así por un dos máis coñecidos, o cal levouse á gran pantalla da man de Brad Pitt e Cate Blanchet (está a piques de estrearse).

Por este finde bastou, inda que voltarei. Terei que desquitar o meu recén estreado carné de socio da FNAC :D

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: