verbas

Bookcrossing

Posted in do que fago by spav on 20 Novembro, 2008

Finalmente fíxeno. Oficialmente son bookcrosser, ou BC.Seguro que o saberedes, pero para os menos enterados, o bookcrossing é un movemento xerado no 2001 por Ron Hornbaker co fin de facer un seguimento ós libros que ía deixando “por ahí adiante”. A idea é liberar os libros que un mesmo posea e non lle importe desprenderse deles deixándoos en lugares públicos previo rexistro en bookcrossing.es co fin de facerlle un seguimento e darlle valor a algo que, unha vez lido, xa perdeu toda razón de retelo. Eu liberei o meu primeiro libro o martes, na Escola Superior de enxeñería Informática de Ourense, pero, se queredes saber onde, buceade na web e logo ide de caza

É un movemento bastante raruno, sí, pero ó igual que unha biblioteca ambulante, permíteche compartir historias por un fío conductor, que é un mesmo exemplar.

¿Efectivo? si e non, todo pode mellorar; ¿útil? pode que non; ¿romántico? dende logo. Asegúrovos que topar un un libro liberado por casualidade é como topar un pequeno tesouro, engancharédesvos enseguida. Pasádevos polas BookCrossing FAQs se tedes algunha dúbida de qué facer/como comezar. E a saír de caza.

Tagged with: , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: