verbas

Saudade de tí, Andres

Posted in do que escoito by spav on 23 Decembro, 2008

O tren“, ou “Teño saudade” foron algúns dos teus míticos. Onte fixo 19 anos que nos deixou o artista máis grande que deu esta terra.

Lembrouse a xente de Sei o que nos figestes nos últimos 525 anos.

Gracias por estas xoias Andrés.

Voltou a raíña

Posted in do que penso by spav on 21 Decembro, 2008

Hai cousas que ninguén pode negar. Unha delas é que Britney é unha raíña. Mañá faránselle homenaxes, hoxe fánselle versións. Tempo ó tempo.

Feels like

Posted in do que fago by spav on 16 Decembro, 2008

american_psycho

A veces síntome coma Christian Bale en American Psycho. É unha sensación xenial.

Días de cine

Posted in do que vexo by spav on 15 Decembro, 2008

Que diría o gran Antonio Gasset. Estes días, lonxe de inquedarme por quén pasa e deixa o seu rastro polo meu blogue, dediqueime ó cine. Leveime uns cantos fiascos e gratas sorpresas.

Persépolis. Basada no comic homónimo. Cunha boa historia, foi como ver as follas do comic pasar a toda prisa. Lástima de ir máis alá, a historia prestábase. E si, son dos que non me quito esa versión de Chiara Matroianni da cabeza.

Irina Palm. E con esta xa é a segunda vez que a vexo. Moito mellor en VOS. Creo que ver á Faithful de abuelita enrollada ten o seu morbo. A banda sonora resúltame a máis enfermizamente rallante da historia do cine (e sí, estou contando con Pi) .

Into the Wild. Sean Penn non é americano, ten parentes entroncados con Truffaut. Xa perdín a conta das veces que esta película me fixo chorar. ¿Ten algún punto debil? Eu non llo dou topado.

The Life and Death of Peter Sellers. Biopic de Peter Sellers. Detrás do Inspector Clouseau había sexo, drogas e malos tratos. Gustoume a pesar de Geofrey Rush.

Cassandra’s Dream. Que alguén me explique porqué Collin Farrel non actúa sempre así. O de Ewan McGregor xa é máis normal, ¿a alguén lle sorprende que faga un papelón?. Por outro lado, creo que estou padecendo algún tipo de enfermidade, con esta xa son 3 películas de Woody Allen que me gustan. Teño medo.

My blueberry nights. A última de Wong Kar-Wai. Cada vez a peor, a historia é nefasta, e Norah Jones definitivamente non é actriz. A película sálvase por esa fotografía súa. Hai quén dí que Wong Kar-Wai coñeceu Hollywood, non o nego. Pero eu penso que sempre foi máis un contador que un creador de historias.

Tras a publicidade e promocións, nuns minutos regresamos.

Cultur.gal, ese chiringuito

Posted in do que penso by spav on 9 Decembro, 2008

Vamos a deixar de lado que o Cultur.gal é unha mamada de pirolas; unha feira de catro colegas. Olvidarémonos de que é un acto para xustificar presuposto, de que a meirande parte da xente xa coñecía as sinerxías da industria cultural galega (seica hai vida máis alá das editoriais, o que xa non sei é se será intelixente).

Centrémonos no Music.gal. Foi un deses actos gravados pola Telegaita para cubrir o espazo baldeiro dalgún partido non emitido. Recheo, esa foi a clave das actuacións. Tres temas e seguinte, tres e seguinte, tres e…Recheo. A noite avanzou e chegamos ó punto álxido de vergoña allea, de amateurismo imperdoable. “Trágame camión” foi o que sentiu toda a fila na que me sentaba ante a performance de Estíbaliz Espinosa. Descoñecida para moita xente da sala, supoño, pero asegurareime de non acudir a ningún acto no que actúe ou, vivadiós, o que queira que faga esa señora. Ademáis dun insulto cara o público, foino cara os seus compañeiros de cartaz quenes se distinguiron por actuacións profesionais cada un no seu pau. Non me malinterpretedes, non me meto co que fai (curiosamente similar á obra doutra boa peza, YC), o que pasa é que non soporto ver como unha persoa disfruta dunha palestra ante 1500 persoas (a sumarlle a audiencia televisiva) para marcarse dous power-points mal feitos,cutres ata dicir basta, un dos cales levaba base de Massive Attack. A orixinalidade morreu nalgú reality show. Aficionados youtubers, trapallada fotologueira, amateurismo esquizoide.

O mellor da noite veu despois, moitos coñecidos, e moita festa por diante nun día de cans. Fumos quedando os elixidos, quenes chegamos ó Delicias para repoñer forzas e poñer proa cara as sabas; e a olvidarse do que esa xente entende como cultura galega. Eu estou máis cos de Chévere: a cultura faise na taberna. De toda a vida.

Máis do mesmo: ghanito, os neveros, goretoxo e brenlla tamén teñen algo que dicir.

Tagged with: , ,

¿Obra maestra ou basura?

Posted in do que vexo by spav on 8 Decembro, 2008

darjeeling

Inclínome por obra maestra.

Tagged with: ,

Weird portrait

Posted in do que ollo by spav on 4 Decembro, 2008

eric-kroll_3

Eric non é soez, a rapaza de mirada lánguida é a protagonista.

Tagged with: , ,

Youtube e a usabilidade

Posted in do que fago by spav on 3 Decembro, 2008

Ás veces pregúntome se hai xente en youtube que realmente usa youtube compulsivamente. Eu, ás veces teño ataques epilépticos de visualización de chorradas: que si toñazos facendo parkour, que si os freaks en America’s Got Talent, que se a Cantina da Estrela da Morte e claro, despois de tanta risa, toca remembering, o que nos leva a contigo no, bicho ou a ter coidado cos biciclistas….Bueno, xa sabedes como vai isto, navegando polos related acabamos enlazando un tema con outro e topámonos con 30 pestanas de youtube abertas.

O que me escama, e moito, é o tema de como Youtube manexa a carga e reproducción dos videos unha vez aberta a URL. Se vos fixades, cando abrides unha pestana no voso navegador e abrides un video aloxado en dita web, éste comeza cargándose no buffer, ata que o sistema propio da páxina detecta que, dada a velocidade de carga do video e o que leva cargado en buffer, pode comezar a reproducción sen corte algún. Pois ben, aquí está o problema, no caso de que abramos distintas pestanas os videos comezaranse a reproducir automáticamente. Erro!, xa que se temos dous videos, ten fácil solución, pero, e se temos 30?, caos sonoro á vista.

Lifehacker comentou hai tempo unha extensión chamada Better Youtube que subsana isto utilizando un player propio, pero paréceme unha soberana cagada que o usuario teña que recurrir a unha extensión para solventar un problema do servizo que pretendemos usar.

¿Só me queixo eu, ou é que a ninguén máis que a min lle molesta?

Fetish_2

Posted in do que ollo by spav on 2 Decembro, 2008

eric-kroll_2

Eric ten unha obsesión. Gústanme as obsesións.

Tagged with: , ,